O home portaba unha escopeta de caza e esperaba tralas esquinas para abatir aos corredores.

Runners correndo por algo, xa que escapaban da súa morte.
A Garda Civil detivo este mércores a un home en Lugo, que se atopaba disparando cunha escopeta aos runners que pasaban pola zona a primeira hora da mañá. Ás 8.00 deste mércores, a Garda Civil recibiu o aviso de que un home andaba polas rúas da localidade portando unha escopeta de caza tapada cun abrigo e unha funda de arma longa baleira.
Cando a Garda Civil solicitou que se detivese, esta persoa introduciu un cartucho na recámara e apuntou cara aos axentes coa intención de disparar. As cores rechamantes duns corredores que pasaban nese momento, despistaron á persoa que foi detida pola benemérita nunha espectacular maniobra.
O tirador, cazador nos seus tempos libres, explicou que non pode soportar á esas persoas que a partires das 6.00 saen ás rúas a correr e facer deporte. “Se corren é porque escapan de algo, por tanto porque fixeron algo, polo que ben abatidos están. Se o que fan é correr porque si, a esas horas da mañá, tampouco merecen vivir” explicaba aos axentes no momento da súa detención.
Ao detido, impútaselle un presunto delito de homicidio en grao de tentativa, se ben este sería rebaixado en caso de que se confirme que os runners corrían porque si.