O #bLKfriday recorrerá as tascas do país este venres
Actualidade

O #bLKfriday recorrerá as tascas do país este venres

Os locais galegos intentan instaurar esta nova tradición a base de licor café e festa. As tascas, tabernas, bares e demais lanzan a nova campaña que pretende revolucionar o venres posterior á festividade americana de Acción de Grazas. O bLKfriday nace da man do BlackFriday pero cun obxectivo claro, Galiza ten que ter a súa … Seguir lendo

O Tang de Licor Café xa está dispoñible en tendas e supermercados
Tecnoloxía

O Tang de Licor Café xa está dispoñible en tendas e supermercados

“Como cambian os tempos! Antes tomabamos licor café para ver se así botabamos uns polvos e agora botamos uns polvos para facer licor café”, indica un cliente A multinacional americana General Foods Corporation lanza unha versión dos seu peculiar refrixerante en po que permite facer licor café instantáneo. Así, a empresa que fabrica o Tang, famoso nos … Seguir lendo

Un galego de Esteiro remata con éxito o descenso do Everest en carrilana
Deportes

Un galego de Esteiro remata con éxito o descenso do Everest en carrilana

“O carallo foi subir a carrilana ata o cumio, baixar foi doado”, declarou. Antonio R.V. converteuse no primeira persoa do mundo en completar un descenso do Everest en carrilana. A súa historia comezou tomando unhas tazas no bar onde os colegas desafiárono a facer unha baixada de Pena Trevinca en carrilana. Antonio, home curtido do … Seguir lendo

[#BlackLicorCafé]Esencialistas piden celebrar o Black Friday con Licor Café
Actualidade

[#BlackLicorCafé]Esencialistas piden celebrar o Black Friday con Licor Café

Centos de persoas de todo o país reclaman unha volta aos orixes, festexando a ‘festividade’ do Black Friday con algo tipicamente galego como o Licor Café. O licor café como símbolo, ese é o lema que esencialistas de diferentes puntos de Galiza reclaman como  punto de encontro nunha festividade foránea como é a do Black … Seguir lendo

Larsa pide aos gandeiros que lle dean licor café ás vacas
Actualidade

Larsa pide aos gandeiros que lle dean licor café ás vacas

A directiva de LARSA decidiu esta madrugada en xunta extraordinaria o que para moitos gandeiros é unha aberración. Os directivos comunicaron aos gandeiros esta mañá a decisión de dar licor café no canto de auga ás vacas. Isto xerou as primeiras protestas. Tempos Galegos recolleu as declaracións de varios gandeiros que estaban protestando diante da … Seguir lendo

TemposGalegos Reviews – O iogur de Licor Café de Larsa
Reviews

TemposGalegos Reviews – O iogur de Licor Café de Larsa

Probamos e contámosvos as nosas opinións sobre o novo iogur de Licor Café de Larsa. Para abrir apetito podedes ver o Unboxing elaborado pola redacción de TemposGalegos: Este outono Larsa aposta pola innovación e lanza en exclusiva mundial o primeiro iogur de Licor Café. Nesta ocasión Larsa presentano un iogur cremoso e con reminiscencias ao … Seguir lendo

O iogur de licor café de Larsa superou á pornografía como o máis buscado en Google
Sociedade

O iogur de licor café de Larsa superou á pornografía como o máis buscado en Google

A pornografía está en momentos baixos. Por segunda vez no ano deixan de ser o máis buscado na rede. Primeiro foi coa febre da aplicación de Nintendo: Pokémon GO. Esta vez os números asustan. Dende que o primeiro iluminado sacou a foto ao iogur, as fotos por Whatsapp non pararon e compartirse. Os máis incrédulos, … Seguir lendo