Tecnoloxía

O Tang de Licor Café xa está dispoñible en tendas e supermercados


“Como cambian os tempos! Antes tomabamos licor café para ver se así botabamos uns polvos e agora botamos uns polvos para facer licor café”, indica un cliente

tang-lkA multinacional americana General Foods Corporation lanza unha versión dos seu peculiar refrixerante en po que permite facer licor café instantáneo. Así, a empresa que fabrica o Tang, famoso nos anos oitenta polos seus sobres de po que permitían facer laranxada e limonada de xeito instantáneo, ven de lanzar ao mercado unha versión do seu produto con sabor a licor café que xa está dispoñíbel en tendas e supermercados de todo o país.

Non é a primeira vez que a multinacional americana adapta os seus famosos sobres ao mercado local. No pasado lanzaron un Tang de maracuyá e outras frutas tropicais dirixido ao público dos países sudamericanos pero esta é a primeira vez que o fai no estado español e escolle unha bebida galega para a súa aventura.

O produto parece que está a ter unha gran acollida. Preguntado un cliente na porta dun supermercado coméntanos “Como cambian os tempos! Antes tomabamos licor café para ver se así botabamos uns polvos e agora botamos uns polvos para facer licor café”. Dado que o produto é para a todo a familia, carece de alcol polo que o mesmo cliente comentounos que “Tamén merquei augardente branca para mezclar co brebaxe ese e darlle un chisco de corpo”.

tang-licor-cafe-lk

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.