O #bLKfriday recorrerá as tascas do país este venres

Os locais galegos intentan instaurar esta nova tradición a base de licor café e festa. As tascas, tabernas, bares e demais lanzan a nova campaña que pretende revolucionar o venres posterior á festividade americana de Acción de Grazas. O bLKfriday nace da man do BlackFriday pero cun obxectivo claro, Galiza ten que ter a súa…

O Tang de Licor Café xa está dispoñible en tendas e supermercados

“Como cambian os tempos! Antes tomabamos licor café para ver se así botabamos uns polvos e agora botamos uns polvos para facer licor café”, indica un cliente A multinacional americana General Foods Corporation lanza unha versión dos seu peculiar refrixerante en po que permite facer licor café instantáneo. Así, a empresa que fabrica o Tang, famoso nos…

Un galego de Esteiro remata con éxito o descenso do Everest en carrilana

“O carallo foi subir a carrilana ata o cumio, baixar foi doado”, declarou. Antonio R.V. converteuse no primeira persoa do mundo en completar un descenso do Everest en carrilana. A súa historia comezou tomando unhas tazas no bar onde os colegas desafiárono a facer unha baixada de Pena Trevinca en carrilana. Antonio, home curtido do…

Larsa pide aos gandeiros que lle dean licor café ás vacas

A directiva de LARSA decidiu esta madrugada en xunta extraordinaria o que para moitos gandeiros é unha aberración. Os directivos comunicaron aos gandeiros esta mañá a decisión de dar licor café no canto de auga ás vacas. Isto xerou as primeiras protestas. Tempos Galegos recolleu as declaracións de varios gandeiros que estaban protestando diante da…

TemposGalegos Reviews – O iogur de Licor Café de Larsa

Probamos e contámosvos as nosas opinións sobre o novo iogur de Licor Café de Larsa. Para abrir apetito podedes ver o Unboxing elaborado pola redacción de TemposGalegos: Este outono Larsa aposta pola innovación e lanza en exclusiva mundial o primeiro iogur de Licor Café. Nesta ocasión Larsa presentano un iogur cremoso e con reminiscencias ao…

Larsa tamén lanzará un iogur de Barrantes

Larsa é a segunda empresa que lanza un producto baseado nun licor típico do noso país depois de que en setembro do ano 2014 a multinacional francesa Danone sacase ao mercado un Actimel de licor café. Despois da atención mediática obtida polo iogur de Licor Café a compañía lanza o novo postre lácteo con sabor a…

Lanzan o licor ‘Veleno Puro’

Prometen que vai ser tan forte que ‘caerás de cu no primeiro lavadeiro que vexas’. Unha empresa compostelá lanzará un licor café propio que tratará de explotar a viralidade nas redes de Manolo de Xaniño e vano facer invertindo as regras que marcan o márketing. Deste xeito a súa estratexia de ventas será ‘o pior licor…

Lanzan o licor café 0,0

Abstemios sen outra cousa que facer anunciaron onte o lanzamento do licor café 0,0. O mundo das bebidas recibe unha nova innovación. Despois da cervexa que non é cervexa e o viño que non é viño, chega unha nova bebida. O licor café 0,0 que, por suposto, tampouco será licor café. Os inventores aseguran que…

A Xunta pagará 110.000€ por unha versión do LA LA LA que promocione Galiza

O escandaloso gasto no vídeo de Enrique Iglesias non parece suficiente. A Xunta de Galiza e o Partido Popular seguen demostrando o gusto musical para promocionar Galiza. Despois dos escándalos dos 300.000 euros para Enrique Iglesias e os seus 45 segundos de vídeo e dos 20.000 euros da Diputación de Ourense para que Baltarín se sacase unha foto…

Danone lanzará un actimel de Licor Café

Anunciarase baixo o lema “Con LK-Imunitass para destrozar as túas defensas” Danone está decidida a lanzar o novo produto nos próximos meses. Trátase de unha nova variante da súa coñecida gama Actimel, pioneiro dos alimentos medicinais. Agora a multinacional francesa quere ser pioneira nos alimentos espirituosos e lanzarán o Actimel-LK coa esperanza de abrir un novo…