‘A ver si va a parecer que ya son otro país’, coméntase dende Moncloa Onte coñeceuse o adianto das eleccións en Catalunya pactado por Artur Mas e o líder de ERC Oriol Junqueras e, segundo avanzou o presidente da Generalitat, terán lugar o próximo 27 de setembro deste ano. O adianto electoral catalán sentou mal…
Etiqueta: humor
Comparece ante os medios un señor con barba
Suaba, nervioso, pola falta de costume de falar ante os medios Hoxe os medios de comunicación foron sorprendidos cunha comparecencia dun home con barba no Palacio da Moncloa. Xornalistas dos distintos medios congregados atenderon a comparecencia aínda que non sabían exactamente quen puidera ser. A moitos soáballe a cara e dicían que o coñecían de…
Sorpresa maiúscula ante a posibilidade de que o PP de Ourense sexa corrupto
Ninguén que vivira en Ourense podería pensar tal cousa A xuíza Pilar de Lara está a investigar a 24 dirixentes do PP de Ourense e relaciónaos coa trama Pokemon. Esta noticia deixou consternada a unha provincia que acostuma a votar ao Partido Popular con ratios por riba do 50%. A Deputación de Ourense é unha das…
Póñenlle un pisito e unha mercería a Rouco Varela
Ademais do luxoso piso, o arcebispado de Madrid, poralle unha mercería en Madrid O expresidente da Conferencia Episcopal española xa está máis tranquilo despois de que semanas atrás se temera polo desafiuzamento do cardenal do pazo arcebispal da madrileña rúa San Justo. A semana pasada coñeceuse que Rouco Varela ía vivir nun modesto pisito de tan so…
O novo turrón de carne richada chegará este Nadal
Unha empresa coruñesa lanza ao mercado unha nova versión do tradicional turrón O I+D gastronómico galego parece non ter fin. Primeiro foi a Nocilla de zorza, despois o Actimel de licor café e agora chéganos o turrón de carne richada para celebrar dun xeito diferente as datas de Nadal. Dende a empresa sinalan que “somos…
Lanzan ao mercado marihuana homeopática
Unha startup galega lanzará ao mercado marihuana homeopática que pretende comercializar a grande escala en parafarmacias, herbolarios e bares-supermercado de todo o país A homeopatía baséase en que a disolución dunha substancia en auga provoca que esta adquira as propiedades do axente disolto que pode seguir sendo transmitido nas sucesivas disolucións. Colleron 1 mg de marihuana e comezaron coa…
Sondaxe contratará a Arguiñano para a cociña das súas enquisas
A empresa aposta así pola cociña de autor e a deconstrución dos datos electorais que se lle servirán quentiños á audiencia Sondaxe, a empresa especializada en estudos de opinión e electorais, pertencente á Corporación Voz de Galicia, anunciou que fichará a Karlos Arguiñano para colaborar na cociña das súas enquisas e contar, así, cun dos cociñeiros mediáticos…
La Voz de Galicia fusionarase co DOG
A nova cabeceira de Santiago Rey será aínda máis oficialista La voz de Galicia destaca por ser o medio de comunicación máis subvencionado do estado. Cada vez que saen axudas aos medios o xornal coruñés ocupa o primeiro posto no ranking de cantidades dadas a dedo polo executivo de Alberto Núñez Feijoo. Ademais diso, o…
Veganos sementan chourizos para “comer algo decente”
Os avances na investigación da carne cultivada tratan de ser aplicados nunha leira do país A carne cultivada xa é unha realidade dende que a NASA intentou atopar fórmulas para alimentar mellor os seus astronautras cando estaban no espazo. Xa no ano 2000 conseguiuse facer un filete de carpa no laboratorio pero a popularidade e esperanza…
Consuelo Martínez reclama parte da herdanza da Duquesa de Alba para o Grupo Mixto
De non ser así anunciou que recorrería ao Tribunal Constitucional Consuelo Martínez, nova integrante do Grupo Mixto, xunto con Carmen Iglesias reclamou parte da herdanza da Cayetana Fitz-James Stuart para conformar e completar a dotación económica do Grupo Mixto. Segundo anunciou a parella nun comunicado están dispostas a renunciar a 3/5 partes sempre e cando as outras…
Compromiso por Galicia anuncia que o seu próximo congreso será en Bulgaria
Anunciouno o seu partido despois de que Xoán Báscuas fora elixido polo 100% dos votos Compromiso por Galicia celebrou este domingo día 16 de novembro o seu I Congreso Nacional baixo o lema “Galicia en positivo” e procederon a renovar os seus órganos de partido e a votar a súa estratexia cara as eleccións municipais….
O goberno subvencionará viaxes sexuais ás Canarias
Alcanzará a cantidade equivalente a unha dieta do senado se a viaxe é de contido sexual Despois do escándalo das viaxes do presidente estremeño José Antonio Monago a Canarias as que se engadiu o caso do deputado do PP de Teruel, Carlos Muñoz, o goberno do estado decidiu coller o touro polos cornos para pechar o tema….
