Cae o gordo na Coruña

O gordo caeu nesta administración de lotería na coruñesa Avenida de Gran Canaria Altura da rúa onde puido caer Lendoiro Segundo contan testemuñas do suceso Augusto César Lendoiro sufriu un traspés ao pasar por diante desta Administración de Loterías esta mañá. As informacións aínda son confusas e segundo a testemuña a que se lle pregunte van dende…

Colle unha fochanca da N-540 e acaba en Nova Celandia

Un veciño de Chantada aventurose a conducir pola N-540 e remata en Nova Celandia tras coller unha fochanca. Adriano BF, veciño das Córneas, tiña pensado achegarse a Chantada para facer a compra e resolver algún que outro trámite administrativo. Como todos días colleu o seu coche sen carné e aventurose a entrar na N-540. Como…

Baltar molesto porque a Marea Atlántica poda ter máis conserxes ca el

Informacións recollidas na prensa escrita poderían estar falando do ‘sorpasso’. Baltar está enoxado, alguén ameaza o seu trono de ferro, o seu récord Guinness, o número de porteiros da súa macroinstitución provincial poderíase ver sobardado polos traballadores públicos doutra institución. Segundo se fan eco algúns xornais galegos, a Marea Atlántica, partido que goberna con puño…

O Deportivo da Coruña fichará un poste como defensa central

Con este movemento prevé reforzar a defensa no mercado de inverno. A directiva e o corpo técnico do Deportivo da Coruña teñen previsto fichar un poste no mercado de inverno para reforzar a defensa de cara á segunda metade do campionato ligueiro. Segundo informaron fontes próximas á equipa da cidade herculina prevén que con isto…

Lanzan un Burmar-Flax de raxo en zorza

En Vigo xa existe un boicot ao produto primeiro porque o sabor é tipicamente coruñés e segundo porque non se utiliza o nome ‘frigolosina’ en lugar de Flax. A empresa Burmar Sweet ven de anunciar o lanzamento dun novo sabor nos seus coñecidos flases de sabores. Este verán poderemos atopar en tendas, kioskos e supermercados,…

Xulio Ferreiro di que o tipo que el elixiu non foi ben elixido

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, di que en En Marea hai dous proxectos políticos, “O meu e o do resto”, indicou. A entrevista que Xulio Ferreiro concedeu á cadena de radio do grupo Prisa segue a levantar polémica no seo de En Marea despois de que o alcalde da Coruña se despacha contra o actual…

A Coruña pasará a chamarse Vigo de Arriba para que non se lien en Madrid

As continuas confusións de medios de comunicación estatais na localización das cidades galegas leva a tomar a decisión de emerxencia de bautizar a cidade da Coruña como “Vigo de Arriba”. O cambio de nome farase mediante un decreto da Xunta de Galicia nos próximos días e xa está a xerar protestas nas redes sociais a pesar…

Abel Caballero comeza unha campaña para poñer bancos na Coruña

“Nen bancos sen coruños, nen Coruña sen bancos” titularase a iniciativa. O rexedor de Vigo, Abel Caballero, mostrou onte a súa consternación pola falta de mobiliario urbanístico nas calles da Coruña. Indicou que a carencia de bancos é o principal indicador de depresión e agorafobia. En palabras do propio alcalde: “Os pobres coruños non só…

A Coruña e Santiago temen a chegada dunha praga bíblica

Ourense libraríase porque o seu rexedor acudiu á ofrenda deste domingo.  A negativa de Martiño Noriega e Xulio Ferreiro a non acudir á ofrenda ao Santísimo Sacramento pode espertar a ira divina. Así se manifestan varios sacerdotes consultados por esta redacción e que indican que deus podería volver ao seu carácter do antigo testamento debido a…

Un novo filme pornográfico ambientarase na Torre de Hércules

A torre de Hércules, símbolo fálico por antonomasia convértese en protagonista dun novo filme pornográfico galego. Un portal de internet para adultos colgou recentemente un fotomontaxe realizado coas capturas do vídeo onde se poden ver varias imaxes de sexo explícito entre dúas mulleres e un home preto do famoso faro. A película, titulada “A torre…