A Coruña e Santiago temen a chegada dunha praga bíblica
Sociedade

A Coruña e Santiago temen a chegada dunha praga bíblica

Ourense libraríase porque o seu rexedor acudiu á ofrenda deste domingo.  A negativa de Martiño Noriega e Xulio Ferreiro a non acudir á ofrenda ao Santísimo Sacramento pode espertar a ira divina. Así se manifestan varios sacerdotes consultados por esta redacción e que indican que deus podería volver ao seu carácter do antigo testamento debido a … Seguir lendo

Un novo filme pornográfico ambientarase na Torre de Hércules
Cultura

Un novo filme pornográfico ambientarase na Torre de Hércules

A torre de Hércules, símbolo fálico por antonomasia convértese en protagonista dun novo filme pornográfico galego. Un portal de internet para adultos colgou recentemente un fotomontaxe realizado coas capturas do vídeo onde se poden ver varias imaxes de sexo explícito entre dúas mulleres e un home preto do famoso faro. A película, titulada “A torre … Seguir lendo

A Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña ofertará un Grao en Feísmo
Cultura

A Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña ofertará un Grao en Feísmo

O conselleiro de Cultura sentenciou que ‘nestes tempos austeros por que non imos poder restaurar a Catedral de Santiago con Uralita ou meterlle un pouco de bloque a muralla de Lugo’ Representantes da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña compareceron onte en rolda de prensa para anunciar un novo Grao en Feísmo. Os reponsábeis da … Seguir lendo

A caluga de Lendoiro presentarase á presidencia do Depor
Deportes

A caluga de Lendoiro presentarase á presidencia do Depor

A sorpresa saltou onte cando a caluga de Lendoiro, nun exercicio propio das organizacións nacionalistas, excindiouse do actual presidente e anunciou que se ía facer unha candidatura para presidir o Deportivo da Coruña. Entre as primeiras medidas que anunciou destaca a incorporación dun segundo ‘L’ ao nome. Deste xeito, segundo declarou “El clú pasaría a … Seguir lendo