O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, di que en En Marea hai dous proxectos políticos, “O meu e o do resto”, indicou.
A entrevista que Xulio Ferreiro concedeu á cadena de radio do grupo Prisa segue a levantar polémica no seo de En Marea despois de que o alcalde da Coruña se despacha contra o actual voceiro de En Marea, Luis Villares. “Cando nos facía caso molaba”, indican asesores próximos ao alcalde herculino. “Agora pensa por si mesmo e aínda que diga cousas que nós pensamos non as dice porque llo digamos nós senón porque as pensa por si mesmo. Iso é perigoso e anticonfluencia”, engaden.
Fontes próximas á alcaldía indican que Xulio Ferreiro di que o tipo que el elixiu non foi ben elixido. “Buah, neno! El Julio está chinao. Dice que el chorbo que el eligió no está bien elegido. Que tenía que haber escogido a otro julai porque este es un espabilao y lo cachó a la primera y, claro neno, la movida está chunga y precisa uno que sea un nécora para seguir con la movida.”, declararon.
Dende o grupo de apertura da Marea Atlántica danlle á razón ao seu líder. “A ver neno! Julio no te elige bien quien no lo sepa que lo chape. Tu mira la panda de ghañuflas que puso en el concello, chorbo. En conclusión que va a chimpar al Villares del chollo y va a poner a otro julai”.