Feijóo dará todo o orzamento de 2016 aos medios de comunicación afíns.
Política

Feijóo dará todo o orzamento de 2016 aos medios de comunicación afíns.

Funcionarios e persoal laboral serán traspasados a La Voz de Galicia e Faro de Vigo respectivamente ante o aumento de traballo por mor das eleccións galegas. O parlamento galego acaba de dar luz verde ao ingreso de todos os fondos previstos para 2016 a medios de comunicación afíns ao Partido Popular. Xornais como LaRegión, Faro de … Seguir lendo

Ana Pontón: “Encántame que os plans saian ben”
Política

Ana Pontón: “Encántame que os plans saian ben”

A nova voceira nacional do BNG satisfeita co decorrer da súa Asemblea Nacional. O BNG deu resposta as voces que pedían renovación e confluencia despois dos resultados das pasadas eleccións xerais, cunha asemblea nacional tranquila que rematou segundo o esperado. Ana Pontón, nova voceira nacional, declarou aos medios de comunicación estar satisfeita co resultado da … Seguir lendo

Bautista Álvarez proporálle ao BNG un centro de reeducación para feministas explícitas
Política

Bautista Álvarez proporálle ao BNG un centro de reeducación para feministas explícitas

O expresidente da UPG fará unha ponencia na asemblea do BNG para a creación dun centro de reeducación para as feministas nacionalistas que se están a volver demasiado explícitas. A polémica xurdida pola negativa do medio voceiro da UPG, Terra e Tempo, a publicar unha serie de artigos do home que leva o nome da súa … Seguir lendo

A asemblea do BNG escollerá entre o pleistoceno e o paleolítico
Política

A asemblea do BNG escollerá entre o pleistoceno e o paleolítico

Os militantes da organización frontista poderán escoller entre dúas teses políticas: unha pleistocénica e outra paleolítica. Agárdase que a militancia se decante polo texto paleolítico xa que é moito máis moderno e, cando menos, xa existían humanos nese período. Bautista Álvarez xa anunciou que se decantará polo pleistoceno e defenderá abrir a organización aos trilobites … Seguir lendo

Paco Rodríguez pídelle a Breogán Riobóo que purgue a Aymerich
Política

Paco Rodríguez pídelle a Breogán Riobóo que purgue a Aymerich

Visto que o Bloque non se atreve a facer movementos internos nestas datas tan convulsas para a formación nacionalista decidiron solicitar o apoio ao rival electoral para facer o traballo. O que fora secretario xeral da UPG solicitoulle formalmente a Breogán Riobóo que bote do BNG a Aymerich. Segundo explicaron fontes próxima á fronte nacionalista non … Seguir lendo

Facha sofre un ictus ao escoitar unha canción de Nao
Actualidade

Facha sofre un ictus ao escoitar unha canción de Nao

A home permanece no hospital Juan Canalejo de A Coruña con pronóstico reservado. Un varón de mediana idade, segundo informan fontes do hospital Juan Canalejo, de A Coruña, segue hopitalizado en estado grave tras escoitar en youtube unha canción do grupo galego Nao. Polo que trascende, a canción de Nao, unha versión do poema de Ramón Cabanillas “Acción … Seguir lendo

Militante do BNG conflúe cun de Anova nun ascensor
Sucesos

Militante do BNG conflúe cun de Anova nun ascensor

Ambos serán expedientados polas súas formacións. O feito produciuse no edificio administrativo da Xunta de Galicia na Coruña onde ían facer trámites. Segundo contan testemuñas presenciais non se coñecían de antes e incluso falaron do tempo durante o traxecto que os levaba á segunda planta do edificio. As dúas organizacións amosaron a súa preocupación polo … Seguir lendo