O BNG acusa de quintanista ao BNG
Política

O BNG acusa de quintanista ao BNG

A presenza de Anxo Quintana nas listas do BNG de Allariz provoca acusacións de ‘quintanismo’ por parte do propio BNG. A provincia de Ourense está sendo un quebradeiro de cabeza para a formación nacionalista. Primeiro foi a presenza de Luís Seara como candidato da formación en Ourense. Seara vinculado ao Partido Nacionalista Galego. Despois foi … Seguir lendo

O embaixador de Bulgaria, avergoñado, vota en contra de Ana Pontón na asemblea do BNG
Política

O embaixador de Bulgaria, avergoñado, vota en contra de Ana Pontón na asemblea do BNG

“Tiven que votar en contra porque isto sería un escándalo ata no meu país”, declarou o embaixador de Bulgaria. Esta fin de semana tivo lugar a XVI Asemblea do Bloque Nacionalista Galego ondo foi elixida Ana Pontón como lideresa da formación co 98,2% dos votos. Segundo informou a organización nacionalista, Ana Pontón, renovou o seu liderado … Seguir lendo

O BNG comezará a xúa XVI asemblea cunha pelexa de Vale Tudo para non ser menos que Anova
Sucesos

O BNG comezará a xúa XVI asemblea cunha pelexa de Vale Tudo para non ser menos que Anova

O primeiro combate será entre un membro do Movemento Galego ao Socialismo e un asinante do Chamamento de Vidán. O Bloque Nacionalista Galego está máis que disposto a renovar a súa imaxe de cara a sociedade e para iso ten previsto incorporar elementos da chamada nova política nas súas teses organizativas. A primeira medida que … Seguir lendo

Nace o 025: O teléfono de asistencia gratuíta a militantes nacionalistas
Política

Nace o 025: O teléfono de asistencia gratuíta a militantes nacionalistas

Ofrecerá información actualizada e gratuíta sobre correntes, manifestos, partidos e mareas e non deixará rastro no historial de militancia. O novo servizo, que está dispoñible dende hoxe mesmo, ofrecerá terapia online con especialistas. “Tiñamos detectados casos ansioso-depresivos entre múltiples militantes nacionalistas”, indican os promotores da iniciativa. “Durante as probas recibimos chamadas de militantes comunistas para … Seguir lendo

Feijóo sóbese o soldo porque “agora ten que soportar a máis perroflautas”
Política

Feijóo sóbese o soldo porque “agora ten que soportar a máis perroflautas”

Miguel Tellado, voceiro do PPdeG explicou á prensa á subida de soldo de Feijóo e os seus conselleiros. A subida de soldo dos membros do goberno da Xunta de Galiza, ten segundo o voceiro do PP de Galicia, unha explicación razoábel e cuantificábel. A entrada no Parlamento de Galiza de máis “perroflautas” dos que ate … Seguir lendo

A campaña máis austera comeza cunha colada de cartaces con mocos
Política

A campaña máis austera comeza cunha colada de cartaces con mocos

Os partidos galegos deron o pistoletazo de saída á campaña electoral dun xeito austero e autosuficiente. Pasadas as 0.00 da noite deu comezo unha nova campaña electoral, nas que a austeridade terá un papel fundamental. Por isto a maioría dos partidos e coalicións decidiron dar un primeiro paso colando os seus cartaces electorais cos seus … Seguir lendo