A nova voceira nacional do BNG satisfeita co decorrer da súa Asemblea Nacional.
O BNG deu resposta as voces que pedían renovación e confluencia despois dos resultados das pasadas eleccións xerais, cunha asemblea nacional tranquila que rematou segundo o esperado.
Ana Pontón, nova voceira nacional, declarou aos medios de comunicación estar satisfeita co resultado da asemblea celebrada na Coruña, e preferiu non referirse aos compañeiros de formación que durante a mesma decidiron darse de baixa, como é o caso do exdeputado Carlos Aymerich.
A Asemblea Nacional do BNG rematou coa vitoria indiscutible da UPG, formación da que membros destacados afirman que alí, ao contrario que no Real Madrid, todos son como Cristiano Ronaldo, e por iso son líderes na vangarda política galega. Comentarios que non gustaron a un decalarado fan do Real Madrid como é Bautista Álvarez.
Deste xeito UPG e MGS fortalecen as súas posicións dentro da grande fronte de 2 partidos na que se converte o BNG despois desta asemblea e piden unha comisión de investigación para esclarecer a orixe do 21,5% de díscolos que non votaron a favor da súa listaxe. Aseguran, tamén, que atoparán ao 42% que apoiou os postulados das deputadas Carme Adán e Tareixa Paz, e barallarán as medidas oportunas ante tal disidencia.