A UPG acaba de emitir un comunicado no que din que o polémico artigo ‘era broma’.

Paco Rodriguez levanta, comunistamente, un boneco dos que se usan nas inocentadas
A Unión do Pobo Galego, partido maioritario do BNG, remitiu a prensa unha comunicación no que explicaba que o artigo publicado polo seu exsecretario Francisco Rodríguez era unha, en realidade, unha broma do día 28 de decembro.
‘Foi unha inocentada. Quixemos adiantarnos para que non nos cacharan’, indicaron. No escrito remitido á prensa tamén se indica que a UPG levará ‘ao BNG cara donde ten que estar. Isto é, nas mareas, que non somos tan túzaron aínda que o parezamos’.
Na misiva indican tamén que ‘para mostra da nosa boa vontade renunciamos a celebrar o día das bromas o día 1 de abril e xa pasamos a facelas o 28 de decembro como bos españoleiros’. Ao que engadiron que ‘con estes pequenos xestos iremos dando pequenos pasiños para españolizar o BNG’.