O expresidente da UPG fará unha ponencia na asemblea do BNG para a creación dun centro de reeducación para as feministas nacionalistas que se están a volver demasiado explícitas.
A polémica xurdida pola negativa do medio voceiro da UPG, Terra e Tempo, a publicar unha serie de artigos do home que leva o nome da súa fundación e nos que censuraba que ‘unha candidata saia nos mitins exhibindo na camisa os atributos xenitais.’ ao que engadiu que era ‘Algo propio dunha rameira e non de muller honrada, como estou seguro que será a miña censurada’; levará a Bautista Álvarez a facer unha proposta de creación dun centro de reeducación para feministas explícitas e así conquerir que as mulleres da formación nacionalista teñan o decoro necesario. Ademais anunciou que utilizará unha forma de protesta claramente explicativa e que xa avanzou nun dos seus artigos: ‘Sería distinto se o que alardease do seu carallo fose un home’.
Preguntado polas características do centro respostou ‘Un gulag, carallo! Que parece que hai que explicalo todo!’. E avanzou que vai poñer a disposición do partido un galiñeiro que ten nunha finca do concello ourensán de San Amaro para que se poida acondicionar debidamente para cumprir a labor reeducadora.

Look co que Bautista Álvarez ten pensado acudir á XV Asemblea Nacional do BNG