O alcalde de Lalín, e por agora militante de Compromiso por Galicia, vén participando de diferentes actos da formación frontista, o último a súa asistencia ao peche da asemblea nacional do BNG.
A elección da executiva do Bloque Nacionalista Galego, na que 11 das 19 persoas que a compoñen son mulleres tivo xa o seu efecto inmediato nun dos alcaldes de moda do país, o lalinense Rafael Cuíña.
Nos últimos anos próximo ás teses de Paco e Bautista, Cuíña xa pediu o voto para o BNG nas pasadas eleccións ao Congreso español, participando incluso nalgún dos actos da fronte. A pasada fin de semana estivo no peche da XVI Asemblea Nacional do BNG.

Rafaela tras cambiar de sexo e xa no BNG. Infografía de TemposGalegos
Deste xeito, e tras meses de debate interior hai una nova porta que se lle abre ao de Lalín. Esta pasaría por comezar unha nova vida desde cero. Cambiando de sexo, digan o que digan os fanáticos de Hazte Oír, pasando a chamarse Rafaela e comezando a traballar a prol do país baixo as filas do Bloque.
Todo isto explica o porque da iniciativa surxida desde a corporación lalinense coa celebración do Cocido do Orgullo LGTBI, no que segundo apuntan as pesquisas realizadas por TemposGalegos, sería un primeiro achegamento á comunidade LGTBI de cara a un hipotético futuro de Rafaela.