Actualidade

Allariz da comezo á Festa do Boy


Allariz non é allea á polémica e decide trocar o boi por un boy despois das críticas dos animalistas.

festa do boySerán nove días de celebración da nova Festa do Boy, nun ano que vén marcado polo debate xerado por mor da campaña lanzada polo colectivo animalista Libera (suma máis de 26.000 apoios a través da plataforma Change.org) para pedir a reorientación da festa ante o suposto maltrato aos bois.

O pasado sábado, na vila alaricana, os centos de fieis á celebración puideron comprobar os cambios introducidos polo goberno dos nacionalistas de Francisco García e lanzáronse a gozar dun intenso programa de actividades, que tivo o seu momento álxido na primeira Proba do Boy.

O goberno do BNG en Allariz decidiu finalmente plegarse ante as presións e trocar o animal por un boy contratado para a ocasión, e do mesmo xeito seguir a realizar as carreiras pola vila. Segundo Francisco Rodríguez os cambios introducidos, atraerán a un novo público aos festexos, como é o feminino.

Ao programa habitual hai que sumar a incerteza dunha posible concentración de persoas vinculadas a un colectivo masculisnista durante a semana. De feito, solicitaron permiso para manifestarse e foilles concedido, aínda que cunha modificación da localización desexada. E é que agora son varios colectivos de homes os que se queixan de que as mulleres corran detrás do boy e esixen cando menos que non o poidan tocar, e de ser así que se permita participar como “boy” a calquera home que esté interesado.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.