Unidos Podemos ten previsto constituír unha nova coalición con Esquerda Unida e Podemos de cara as eleccións estatais. O brusco descenso das espectativas electorais da formación que lidera Pablo Iglesias está a provocar grandes debates na formación morada. Para tratar de remontar nas enquisas, Pablo Echenique, responsable de organización da formación, ven de presentar un … Seguir lendo
Tag Archives: anova
O novo Super Smash Bros incluirá militantes de Xeira e retrovisores
Tamén incluirá os cadrís dun señor de Anova non aliñado coa actual dirección. Nintendo ben de anunciar no E3, a conferencia máis importante de videoxogos do mundo, o lanzamento dunha nova entrega do Super Smash Bros para a súa consola Switch. Segundo avanzou a compañía nipona reunirá á maior colección de personaxes da saga xunto … Seguir lendo
En Marea instalará detectores de metais no seu plenario
A organización rupturista tomará medidas para que os seus militantes non se maten. O plenario de En Marea celebrarase este 15 de xullo no Pazo de Exposicións e congresos de Santiago de Compostela e as augas baixan revoltas debido aos embates que a nova corrente ‘Recuperar En Marea’ formada pola Marea Atlántica, a parte máis … Seguir lendo
O BNG comezará a xúa XVI asemblea cunha pelexa de Vale Tudo para non ser menos que Anova
O primeiro combate será entre un membro do Movemento Galego ao Socialismo e un asinante do Chamamento de Vidán. O Bloque Nacionalista Galego está máis que disposto a renovar a súa imaxe de cara a sociedade e para iso ten previsto incorporar elementos da chamada nova política nas súas teses organizativas. A primeira medida que … Seguir lendo
Xeira gaña a asemblea de Anova por KO técnico
As formacións militantes no partido nacionalista mostraron os principios da confluencia a base de patadas. A asemblea nacional de Anova que transcorreu o pasado sábado na cidade de Pontevedra rematou como mandan os cánones da esquerda nacionalista galega, a ostias e patadas para demostrar que é o que máis defende as teses da unidade popular. … Seguir lendo
A dirección de Anova culpa aos seus 10 militantes de non facerlles caso
Días antes da súa asemblea nacional afirman que os seus 10 militantes son os culpábeis de case todo. A actual executiva de Anova, que no vindeiro fin de semana decidirá o seu vieiro na asemblea nacional que celebraran en Pontevedra, sae ao paso dos rumores de inestabilidade dentro do partido con duras declaracións sobre os … Seguir lendo
Nace o 025: O teléfono de asistencia gratuíta a militantes nacionalistas
Ofrecerá información actualizada e gratuíta sobre correntes, manifestos, partidos e mareas e non deixará rastro no historial de militancia. O novo servizo, que está dispoñible dende hoxe mesmo, ofrecerá terapia online con especialistas. “Tiñamos detectados casos ansioso-depresivos entre múltiples militantes nacionalistas”, indican os promotores da iniciativa. “Durante as probas recibimos chamadas de militantes comunistas para … Seguir lendo
En Marea terá un subgrupo dentro do grupo de Podemos que non será un grupo senón un grupo de grupos
As formación que integran En Marea considera que a cousa xa queda suficientemente clara e non darán máis explicacións. O culebrón da última semana que protagonizou a posibilidade de que En Marea tivera grupo propio no congreso zanxouse na tarde de onte coa integración de todos os deputados da formación no grupo de Podemos. Segundo … Seguir lendo
Un Antón Sánchez do futuro revela os resultados das xerais
O deputado de AGE trae tamén consigo un bote de Neutrex. O deputado pola provincia da Coruña de AGE, Antón Sánchez, apareceu desde o futuro para dar unha rolda de prensa coa candidatura de EnMarea. Así o vicevoceiro do grupo parlamentar, claramente desmellorado, explicou moi por riba o futuro que nos agarda nos vindeiros 4 anos. … Seguir lendo
Cerna anuncia que votará por EnMarea na provincia da Coruña.
A posibilidade da marcha a Madrid de Yolanda Díaz abre a porta para que a escisión de Anova amplíe o seu número de deputadas. Así o anunciaban no día de onte membros da formación nacionalista escindida de Anova, que á súa vez se escindirá do BNG. Tras os convulsos últimos meses de decantanción de formacións … Seguir lendo