Política

Unidos Podemos coaligarase con Esquerda Unida e Podemos


Unidos Podemos ten previsto constituír unha nova coalición con Esquerda Unida e Podemos de cara as eleccións estatais.

O brusco descenso das espectativas electorais da formación que lidera Pablo Iglesias está a provocar grandes debates na formación morada. Para tratar de remontar nas enquisas, Pablo Echenique, responsable de organización da formación, ven de presentar un plan ao consello cidadán no que propón que Unidos Podemos forme coalición electoral con Esquerda Unida e Podemos. “Hacemos una llamada a un frente amplio y Unidos Podemos se ampliará con los militantes de Izquierda Unida y Podemos. Con este movimiento estratégico pretendemos doblar nuestros números en las encuestas”, explicou nunha rolda de prensa.

É previsible que á coalición de Unidos Podemos, Esquerda Unida e Podemos se unan tamén os militantes de Podemos e Esquerda Unida que conforman Anova. “Con la incorporación de los militantes de Podemos e Izquierda Unida que están en Anova podremos sumar medio centenar de votos más que nos catapultarán en las encuestas”, apostillou Echenique.

Ademais dos anteriores está previsto que se incorporen á coalición de Unidos Podemos, Esquerda Unida e Podemos os militantes de Esquerda Unida e Podemos que conforman a Fronte Popular Galega (FPG). “Son 15 de los 50 anteriores pero tal y como se plantea la situación en las encuestas todo suma”, concluiu Pablo Echenique. Preguntado sobre a posibilidade de respectar acordos anteriores e presentarse a través do partido instrumental de En Marea, responsables de Podemos indicaron que “todo lo que sea sumar resta. Nosotros estamos por lanzar un frente amplio pero con nosotros mismos. Si vienen muchos igual perdemos el control. No sería la primera vez que pasa, ojito”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.