Tamén incluirá os cadrís dun señor de Anova non aliñado coa actual dirección.
Nintendo ben de anunciar no E3, a conferencia máis importante de videoxogos do mundo, o lanzamento dunha nova entrega do Super Smash Bros para a súa consola Switch.
Segundo avanzou a compañía nipona reunirá á maior colección de personaxes da saga xunto coas novidades avanzadas do mundo dos videoxogos resérvanos algunhas sorpresas das que Nintendo xa avanzou algunha.
Segundo explicaron na conferencia, a nova entrega de Smash Bros Ultimate incluirá sorpresas que non se lle farán descoñecidas aos xogadores galegos. Incluirá algún destacado militante de Xeira e tamén os cadrís dun señor que milita en Anova pero que non está aliñado coa actual dirección. Os combates prometen ser apaixoantes mais os gamers expertos indican que os cadrís non poderán facer moito ante a potencia de patadas voadoras e ganchos de dereitas que exhiben os militantes menos despatriarcalizados de Xeira.
Cando xa se pensaba que non ía haber máis sorpresas, o CEO de Nintendo veuse arriba e desvelou que a nova entrega do xogo de loita tamén incluirá retrovisores. A compañía aínda non desvelou se van ser elementos pasivos como o famoso coche do Street Fighter polo que simplemente servirían para aporrealos como entrenamento ou ben van ser elementos activos. Na propia conferencia amosouse un video onde se podía ver a un personaxe do xogo aporreando retrovisores sen parar mentres gritaba ‘Villares hijo de puta’ á vez que exhibía o que parecía un carné do Parlamento galego.