Unidos Podemos coaligarase con Esquerda Unida e Podemos

Unidos Podemos ten previsto constituír unha nova coalición con Esquerda Unida e Podemos de cara as eleccións estatais. O brusco descenso das espectativas electorais da formación que lidera Pablo Iglesias está a provocar grandes debates na formación morada. Para tratar de remontar nas enquisas, Pablo Echenique, responsable de organización da formación, ven de presentar un…

O novo Super Smash Bros incluirá militantes de Xeira e retrovisores

Tamén incluirá os cadrís dun señor de Anova non aliñado coa actual dirección. Nintendo ben de anunciar no E3, a conferencia máis importante de videoxogos do mundo, o lanzamento dunha nova entrega do Super Smash Bros para a súa consola Switch. Segundo avanzou a compañía nipona reunirá á maior colección de personaxes da saga xunto…

En Marea instalará detectores de metais no seu plenario

A organización rupturista tomará medidas para que os seus militantes non se maten. O plenario de En Marea celebrarase este 15 de xullo no Pazo de Exposicións e congresos de Santiago de Compostela e as augas baixan revoltas debido aos embates que a nova corrente ‘Recuperar En Marea’ formada pola Marea Atlántica, a parte máis…

Xeira gaña a asemblea de Anova por KO técnico

As formacións militantes no partido nacionalista mostraron os principios da confluencia a base de patadas. A asemblea nacional de Anova que transcorreu o pasado sábado na cidade de Pontevedra rematou como mandan os cánones da esquerda nacionalista galega, a ostias e patadas para demostrar que é o que máis defende as teses da unidade popular….

A dirección de Anova culpa aos seus 10 militantes de non facerlles caso

Días antes da súa asemblea nacional afirman que os seus 10 militantes son os culpábeis de case todo. A actual executiva de Anova, que no vindeiro fin de semana decidirá o seu vieiro na asemblea nacional que celebraran en Pontevedra, sae ao paso dos rumores de inestabilidade dentro do partido con duras declaracións sobre os…

Nace o 025: O teléfono de asistencia gratuíta a militantes nacionalistas

Ofrecerá información actualizada e gratuíta sobre correntes, manifestos, partidos e mareas e non deixará rastro no historial de militancia. O novo servizo, que está dispoñible dende hoxe mesmo, ofrecerá terapia online con especialistas. “Tiñamos detectados casos ansioso-depresivos entre múltiples militantes nacionalistas”, indican os promotores da iniciativa. “Durante as probas recibimos chamadas de militantes comunistas para…

Un Antón Sánchez do futuro revela os resultados das xerais

O deputado de AGE trae tamén consigo un bote de Neutrex. O deputado pola provincia da Coruña de AGE, Antón Sánchez, apareceu desde o futuro para dar unha rolda de prensa coa candidatura de EnMarea. Así o vicevoceiro do grupo parlamentar, claramente desmellorado, explicou moi por riba o futuro que nos agarda nos vindeiros 4 anos….

Cerna anuncia que votará por EnMarea na provincia da Coruña.

A posibilidade da marcha a Madrid de Yolanda Díaz abre a porta para que a escisión de Anova amplíe o seu número de deputadas. Así o anunciaban no día de onte membros da formación nacionalista escindida de Anova, que á súa vez se escindirá do BNG. Tras os convulsos últimos meses de decantanción de formacións…

Militante do BNG conflúe cun de Anova nun ascensor

Ambos serán expedientados polas súas formacións. O feito produciuse no edificio administrativo da Xunta de Galicia na Coruña onde ían facer trámites. Segundo contan testemuñas presenciais non se coñecían de antes e incluso falaron do tempo durante o traxecto que os levaba á segunda planta do edificio. As dúas organizacións amosaron a súa preocupación polo…

Anova irá con calquera ás xerais, menos co BNG

Así o confirman fontes cercanas á organización nacionalista. O partido do histórico líder nacionalista Xosé Manuel Beiras podería estar a punto de firmar un acordo que encauzará meses de especulacións e negociacións por todo o país a raíz das próximas eleccións ás Cortes do Estado español. O acordo firmado a diferentes bandas con outras organizacións…