Cancelan DiarioCultural e no seu lugar porán a Feijóo falando portugués en bucle
Actualidade

Cancelan DiarioCultural e no seu lugar porán a Feijóo falando portugués en bucle

Desaparece un dos programa de información cultural máis veteranos da radiodifusión galega. Na xornada de onte deuse a coñecer o contido da xuntanza do Comité Intercentros no que a CRTVG presentou a nova programación da Radio Galega. A principal novidade sería a eliminación do emblemático programa “O diario cultural” e a súa sustitución por un sketch ónde … Seguir lendo

Feijóo fala máis de Cataluña que de Galiza no Debate sobre o Estado da Nación Galega
Política

Feijóo fala máis de Cataluña que de Galiza no Debate sobre o Estado da Nación Galega

O presidente, que entrou en bucle co soberanismo catalán esqueceu por completo nomear as súas propostas para Galiza. O debate sobre o Estado da Nación do día de onte discorreu con relativa normalidade ate o peche de micrófono na intervención do presidente galego, Alberto Núñez Feijóo. O tempo pareceu collelo desprevido e rematou antes de … Seguir lendo

A Xunta de Galiza lanza 72 prazas de emprego púbico
Actualidade

A Xunta de Galiza lanza 72 prazas de emprego púbico

As prazas irán destinadas a cubrir postos na Consellería de Benestar Social e en Presidencia. A Xunta de Galiza vén de ofertar para este ano 2017 un total de 72 prazas de emprego púbico destinadas fundamentalmentalmente a desempregradas e desempregados. As ofertas que cubrirán vacantes nas Consellerías de Benestar Social e Presidencia serán de duración … Seguir lendo

Feijóo cantará no Luar na súa xira polos programas da TVG.
Sociedade

Feijóo cantará no Luar na súa xira polos programas da TVG.

A canción será unha versión da canción de Julio Iglesias “Un canto a Galicia” e o presidente estará acompañado polo artista vigués Tony Lomba. A xira, que comezou o pasado mércores no programa LandRober, incluirá tódolos programas emblemáticos da televisión pública galega, sendo o debut musical do presidente o punto álxido da mesma. “Grazas a … Seguir lendo

Mario, sé fuerte
Actualidade

Mario, sé fuerte

Mario Conde e Alberto Nuñez Feijóo intercambiaron saúdos no día de onte, cando o exbanqueiro pasaba nun coche policial detido na cidade de Compostela.  O saúdo, segundo fontes de TemposGalegos, teríase dado por parte do presidente galego, a grito pelao no medio dunha transitada rúa do barrio de San Pedro, onde Feijóo inauguraba un adoquín. Tal e … Seguir lendo

Feijóo dará todo o orzamento de 2016 aos medios de comunicación afíns.
Política

Feijóo dará todo o orzamento de 2016 aos medios de comunicación afíns.

Funcionarios e persoal laboral serán traspasados a La Voz de Galicia e Faro de Vigo respectivamente ante o aumento de traballo por mor das eleccións galegas. O parlamento galego acaba de dar luz verde ao ingreso de todos os fondos previstos para 2016 a medios de comunicación afíns ao Partido Popular. Xornais como LaRegión, Faro de … Seguir lendo

A Xunta exporta ao Xapón o seu modelo educativo
Cultura

A Xunta exporta ao Xapón o seu modelo educativo

Despois da metida de pata do embaixador xaponés Kazuhiko Koshikawa, falando en galego en Galicia, Núñez Feijóo alenta ao país asiático a adquirir un modelo educativo e lingüístico semellante ao galego. Unha nota de prensa da Consellería de Presidencia da Xunta de Galiza, vén de explicar que o contido fundamental dos acordos asinados co Xapón o pasado … Seguir lendo