Cancelan DiarioCultural e no seu lugar porán a Feijóo falando portugués en bucle

Desaparece un dos programa de información cultural máis veteranos da radiodifusión galega. Na xornada de onte deuse a coñecer o contido da xuntanza do Comité Intercentros no que a CRTVG presentou a nova programación da Radio Galega. A principal novidade sería a eliminación do emblemático programa “O diario cultural” e a súa sustitución por un sketch ónde…

A Xunta de Galiza lanza 72 prazas de emprego púbico

As prazas irán destinadas a cubrir postos na Consellería de Benestar Social e en Presidencia. A Xunta de Galiza vén de ofertar para este ano 2017 un total de 72 prazas de emprego púbico destinadas fundamentalmentalmente a desempregradas e desempregados. As ofertas que cubrirán vacantes nas Consellerías de Benestar Social e Presidencia serán de duración…

Feijóo cantará no Luar na súa xira polos programas da TVG.

A canción será unha versión da canción de Julio Iglesias “Un canto a Galicia” e o presidente estará acompañado polo artista vigués Tony Lomba. A xira, que comezou o pasado mércores no programa LandRober, incluirá tódolos programas emblemáticos da televisión pública galega, sendo o debut musical do presidente o punto álxido da mesma. “Grazas a…

Feijóo: “A democracia é unha merda”

Alberto Núñez Feijóo recíbenos no seu despacho de Monte Pío. Está sentado diante da súa mesa e sobre a cabeza ten pendurado un cadro de Manuel Fraga Iribarne posando coma Atlas, espido e co mundo sobre os seus ombreiros. Arrepiado pola imaxe, decátome de que o presidente ten a mirada fixa nun libro. Parece concentrado…

Mario, sé fuerte

Mario Conde e Alberto Nuñez Feijóo intercambiaron saúdos no día de onte, cando o exbanqueiro pasaba nun coche policial detido na cidade de Compostela.  O saúdo, segundo fontes de TemposGalegos, teríase dado por parte do presidente galego, a grito pelao no medio dunha transitada rúa do barrio de San Pedro, onde Feijóo inauguraba un adoquín. Tal e…

Feijóo dará todo o orzamento de 2016 aos medios de comunicación afíns.

Funcionarios e persoal laboral serán traspasados a La Voz de Galicia e Faro de Vigo respectivamente ante o aumento de traballo por mor das eleccións galegas. O parlamento galego acaba de dar luz verde ao ingreso de todos os fondos previstos para 2016 a medios de comunicación afíns ao Partido Popular. Xornais como LaRegión, Faro de…

A Xunta exporta ao Xapón o seu modelo educativo

Despois da metida de pata do embaixador xaponés Kazuhiko Koshikawa, falando en galego en Galicia, Núñez Feijóo alenta ao país asiático a adquirir un modelo educativo e lingüístico semellante ao galego. Unha nota de prensa da Consellería de Presidencia da Xunta de Galiza, vén de explicar que o contido fundamental dos acordos asinados co Xapón o pasado…

Feijoo disfrazouse de Operación Zeta

As novas que situaban ao presidente en México non eran correctas e, polo que puido saber este medio, estivo no entroido de Viana do Bolo disfrazado de letra zeta. O ano pasado xa saltara a polémica despois de que Feijoo se disfrazara de Marcial Dorado, este ano non foi menos e o presidente conseguiu levantar de…

Nace unha plataforma para que Feijóo saque o CELGA 4

As dificultades do Presidente da Xunta de Galiza para expresarse en galego fixeron que grupos de filólogas se xunten en torno ao proxecto GaFe(Galego para Feijóo). O nacemento da plataforma non chega exenta de polémica, pois nun momento no que as políticas da Xunta de Galiza avanzan cara o exterminio da identidade lingüística do país…

Feijóo dará a súa mensaxe de fin de ano en español

A novidade lingüística dentro do discurso do presidente da Xunta de Galiza foi anunciado esta mañá nunha conferencia do vicepresidente Alfonso Rueda. O discurso do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para este fin de ano 2014 será dado integramente en español, idioma en palabras do vicepresidente “da indisoluble unidade do estado do que Galicia, como…

Pachi Lucas: “Tanto la quería”

Onte Pachi Lucas dedícaballe a canción nas redes socias a un presunto “Alberto” Nuñez Feijóo. O que foi, presuntamente, o conseguidor dos contratos da famosa trama Zeta e amante do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Nuñez Feijóo mostrábase así de cariñoso e facía referencia ás noticias sacadas pola prensa acerca das corruptelas entre membros do…