Tecnoloxía

O PP e C’s avisan a Twitter: ‘280 caracteres son muchos, mejor 155’


O Ministerio de Interior duplicará a plantilla de policías para facer fronte á grave ameaza á liberdade de expresión que supón poder escribir o dobre de caracteres en Twitter.

Segundo avanzaron fontes próximas ao ministerio vaise proceder a ampliar a oferta de emprego de policías nacionais para facer fronte a esta nova ameaza. “Los rojos y separatistas podrán escribir el doble de cosas revolucionarias. Debemos responder a esa amenaza contra la convivencia duplicando los efectivos policiales para poder inhabilitar al doble de concejales de la oposición, detener a más titiriteros y mandar al doble de opositores a la cárcel por incumplir la legalidad vigente”, declararon.

As oposicións a policía aumentarán pola nova ameaza que supón o aumento de caracteres de Twitter

As mesmas fontes avanzan a preocupación do ministro pola coincidencia do aumento de caracteres a 280 co conflito en Cataluña. Recoñecen que é moi posible que non dean abasto  e que teñan que fletar un cruceiro de Disney para poder facer fronte ao doble desafío: o secesionista e o de Twitter. “Estamos pensando en fletar un crucero con la cara de Goofy para encargarse de Twitter y mantener el de Piolín para lo de la independencia pero las conversaciones con los sindicatos policiales nos indican que igual los agentes del barco de Piolín se confunden y actúan en Twitter por eso de que su barco tiene un logo parecido. Estamos tratando de resolverlo mediante un folleto informativo con dibujos y flechas”, comentan.

Fontes próximas a Albert Rivera tamén se manifestaron sobre este tema. “Estamos pensando en aplicar el 155 a Twitter en Cataluña. Esto permitiría que los catalanes solamente pudieran escribir 155 caracteres en cada tweet en lugar de los 280. De esta forma solamente habría que aumentar un 11% las fuerzas de orden”, indicaron nunha comparecencia á que acudiron cunha calculadora solar Casio.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.