O xigante norteamericano suspendeu nas súas ferramentas na rede a moitas das copisterías das principais cidades galegas logo de descubrir que copiaban.
O responsable de Google afirmou nunha rolda de prensa ante unha das preguntas dos nosos xornalistas que na empresa valoran moito a innovación e o traballo propio, co que ao atoparse nesta situación decidiron puntuar cunha única estrela a estes establecementos nas súas aplicacións.
Unha copistería de barrio coruñés de Viñas, que prefire manterse no anonimato, declarou nunha entrevista a Galicia Alive que non copian, senón que só estaban comprobando a información.
Dende o barrio de San Roque, en exclusiva para Tempos Galegos ,unha tenda de copias declarou que as copias eran doutros, que eles só as atoparan no chan.
Polo de agora os feitos quedan sen esclarecer, mais as copisterías continúan suspensas.