A presentación feita no World Mobile Congress de Barcelona fai salivar os padales de todos os asistentes.
Google volve dar ser sorpresa mundial trala presentación das suas novas Google Glass, que presentarán como novidade fundamental sobres as súas anteriores versións a capacidade de quentar churrasco ou outras comidas grazas ao poder térmico dun haz de luz láser que emitirá desde o seu lado esquerdo.
As novas gafas pretenden ser toda un revolución no mundo culinario así como unha útil ferramenta á hora de cociñar, fundamentalmente, tiras de costela de porco ou tenreira.
A compañía de Mountain View asegura que o feito de que as gafas emitan un raio láser capaz de cociñar alimentos non porá en risco a integridade das persoas, posto que serán as propias gafas quen detectará os diferentes tipos de alimentos, en función do cal aplicará o nivel necesario de calor para preparar o seu plato.