Tecnoloxía

Facebook comeza a cheirar a queixo tras a avalancha de fotos de pés na praia


A empresa de Mark Zuckerberg podería estar recopilando datos sobre cheiros para venderllos a empresas de desodorantes.

Centos de usuarios da coñecida red social procederona realizar un contacto co soporte da mesma dando avisos de que o seus smartphones, portátiles e tablets estaban comezando a emitir un olor que identificaban co queixo despois de que Facebook se vira inundado por fotos de pés na praia.

pico de olor de pés baixou durante a noite do sábado cando foi substituído por un profundo cheiro a sardiña sen embargo foise recuperando durante a mañá do domingo para resultar xa insorportable pola tarde. Ante esta agoría, grupos de usuarios activos trataron de contrarrestalos pola súa conta tratando de compartir frases de libros de autoaxuda e citas de libros de Paulo Coelho pero, por primeira vez na historia, os usuarios da rede non foron receptivos e non compartiron o esperado co conseguinte mantemento do cheiro a pés.

Informáticos da rede social indicaron que estaban tratando de solucionalo introducindo publicidade pagada de empresas de ambientadores de pino nos perfís dos usuarios tratando de contrarrestar a avalancha pero a medida tampouco funcionou debido ao número extremadamente alto de fotos e comparticións desta fin de semana de calor. Ante o fracaso das medidas, Facebook ven de anunciar a contratarción dun grupo de sociólogos que pensan solucionar o problema mediante gifs e videos de gatos. ‘Nunca falla’, anunciaron.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.