O Partido Popular acaba de presentar unha aplicación para facilitar a carretaxe de votantes nas próximas eleccións. Trátase dunha mezcla de Bla Bla Car e Über e contará con monxas e apoderados de condutores voluntarios para trasladar octoxenarios dende residencias privadas e domicilios particulares ás mesas de votación. O servizo inclúe tamén unha papeleta de balde e … Seguir lendo
Category Archives: Tecnoloxía
O PP entra en precampaña presentando un prototipo de Matrix cañí
Rajoy acaba de presentar o prototipo de Matrix que o PP ten pensado para a poboación do estado español. A presentación realizouse no día de onte e segundo comunicaron aos medios trátase de crear a Matrix española onde os parados serán utilizados para xenerar electricidad para Iberdrola e Gas Natural. Deste xeito os desempregados serán … Seguir lendo
Amazon lanza o Ovo Kindle
O ovo que nunha primeira versión non fará pallas, si poderá ser utilizado para a masturbación femenina grazas ao seu vibrador incorporado. Este novo aparello ‘Kindle’ non é o primeiro dispositivo tecnolóxico de Amazon, pero si o primeiro en innovar en canto a súa forma. O Ovo Kindle terá 3 GB de RAM e un procesador a 3,3 GHZ. O … Seguir lendo
A febre publicadora de videos de Íñigo Errejón fai que colgue un cagando
No seu peculiar frenesí publicador o líder de Podemos colga nas redes sociais un vídeo del cagando mentres fala de Ciudadanos. Segundo parece Errejón publicou o video sen querer despois de trabucarse co video correcto. Estaba a ensaiar o descurso sobre ciudadanos mentres facía as súas deposicións diarias. Os seus seguidores trataron o video como … Seguir lendo
Google sacará un goberno que se conduza sen presidente
A multinacional de Silicon Valley abrirá o seu mercado ao campo da politoloxía. Despois de presentar o seu coche autónomo en Galiza, Google anuncia desde o seu centro neurálxico as novidades que cambiarán o mundo nos próximos anos. Entre elas aparece unha dedicada íntegramente aos galegos e galegas, un goberno que se conduza sen presidente. Segundo os … Seguir lendo
A mensaxe máis repetida no grupo de whatsapp do PP é unha caquiña con ollos
O Partido Popular anunciou onte a posta en marcha dunha nova vía de comunicación coa cidadanía. A opción que escolleu a formación conservadora é un número de whatsapp a través do cal os cidadáns poderán interaccionar coa formación popular. Javier Dorado presentou a idea e negou o fin electoralista da mesma senón que era un mecanismo … Seguir lendo
A barbela de Gayoso podería emitir infrasóns
O queixo do famoso presentador do Luar podería emitir sons imperceptíbeis ao oído humano. Un estudo norteamericano, publicado na revista Science, pon de manifesto a posibilidade de que o presentador galego poda estarse a poñer en contacto con outras civilizacións e incluso cos animais. A teoría elaborada no MIT por científicos teóricos aseguran que a colocación … Seguir lendo
Netflix ofertará todas as tempadas de ‘Pratos Combinados’
A compañía norteamericana aposta forte no seu estreno e incluirá na súa oferta de ficción as catorce tempadas de ‘Pratos Combinados’. Moitos afeccionados ao cine e as series televisivas agardaban con ansia a chegada de Netflix e a compañía non quixo defraudar e apostou na súa aterraxe con ofrecer algo que ningunha outra plataforma televisiva … Seguir lendo
Volkswagen instalará un Ambipur nos seus tubos de escape
Despois da polémica xerada pola manipulación das súas emisións dos seus motores, o grupo Volkswagen agarda recompoñer a súa imaxe mediante a instalación dun Ambipur nos seus tubos de escape. A axencia medioambiental estadounidense destapou o escándalo e acouso o grupo Volkswagen de instalar deliberadamente nos seus vehículos un programa informático deseñado para falsear os límites nas emisións. O … Seguir lendo
Facebook engadirá o botón ‘Me la suda’
Despois do anuncio de que Facebook de incluír o botón ‘Non me gusta’, a rede social máis grande do mundo estase a plantexar a posibilidade de ir un paso máis aló e engadir tamén o botón ‘Me la suda’. O novo botón xa é esperado por numerosos usuarios da rede social ansiosos de telo disponíbel … Seguir lendo