Voceiros do Samur acaban de comparecer en rolda de prensa para comunicar o falecemento da Independencia Xudicial.
Segundo comunicaron membros da unidade de emerxencias, Independencia Xudicial, unha muller de 57 anos, resultou ferida por un dos leóns do Congreso dos Deputados. Xa malferida, tratou de pedir axuda sen que obtivera resposta.
Polo que parece proseguiu, malferida, ata o Palacio da Moncloa e alí atopou a morte. O seu corpo foi atopado na tarde de onte empalado nunha das verxas do Palacio de la Moncloa.
Segundo parece, a señora Independencia andaba con malas compañías. Varias fontes indican tela visto en compañía do lider dunha banda bolivariana chamado Legislative Power e, por se iso non fose suficiente, as mesmas fontes indican que tamén rondaba con unha banda de cabezas-rapadas de corte e fascista chamada Executive Power.
Varios fiscais comezaron as investigacións para esclarecer as estrañas circunstancias que rodearon a súa morte pero foron ameazados anonimamente e, finalmente, foron relevados polo Fiscal Xeral do Estado.
O enterro celebrarase na intimidade e a familia non recibirá dó.
Pingback: Atopan morta, en estrañas circunstancias, a Independencia Xudicial | raiola66