O primeiro combate será entre un membro do Movemento Galego ao Socialismo e un asinante do Chamamento de Vidán. O Bloque Nacionalista Galego está máis que disposto a renovar a súa imaxe de cara a sociedade e para iso ten previsto incorporar elementos da chamada nova política nas súas teses organizativas. A primeira medida que…
Categoría: Sucesos
Atopan morta, en estrañas circunstancias, a Independencia Xudicial
Voceiros do Samur acaban de comparecer en rolda de prensa para comunicar o falecemento da Independencia Xudicial. Segundo comunicaron membros da unidade de emerxencias, Independencia Xudicial, unha muller de 57 anos, resultou ferida por un dos leóns do Congreso dos Deputados. Xa malferida, tratou de pedir axuda sen que obtivera resposta. Polo que parece proseguiu,…
A policía detén a raíña Letizia tras queimar a Felipe VI cun cigarro
A casa real emitiu un comunicado para indicar que a raíña Letizia non fuma pero que, nese momento, atopábase sostendo un cigarro a unha amiga. A Casa Real trata de quitarlle ferro ao incidente no que resultou detida Letizia por queimar cun cigarro a Felipe VI. O incidente foi observado por un compoñente da garda…
Detido por yihadista un galego que gritou ‘Alá foi!’ no metro de Madrid
Xosé Seoane Berzas, máis coñecido como O Kale polos seus amigos hipsters, foi detido por intento de atentado terrorista a pasada tarde. A policia tívoo detido ata escoitar a súa declaración do acontecido e deixalo en liberdade. O galego, nun evidente estado de confusión, tratou de explicar como sucederan os feitos. Eu só lle dixen…
Unha señora de Ordes sementa o caos e dálle froitos
Xosefa C. Couso, de 71 anos e orixinaria de Ordes, sementou o caos a tempada pasada e actualmente está colleitando os primeiros froitos. Esta ordense decidiu plantar a semente que un veciño moi amablemente lle dera e logrou facer unha gran plantación. Converteuse así na envexa de todos os cidadáns, sementando así o caos, non…
Ingresan un home por romperse a cadeira bailando twerking
Un home da Fonsagrada foi atendido onte de urxencia por unha múltiple rotura de cadeira mentres bailaba twerking cuns amigos e amigas. Este fin de semana foron un total de 12 persoas as ingresadas por lesións sufridas ao realizaren este baile de moda. O máis grave o de Alberto N. F. que foi trasladado de…
Cóllese unha castaña no magosto e bótano ao lume
O rapaz foi mordido nunha nádega para evitar que estoupara. Un grupo de mozos estaba a celebrar un magosto no Montealegre en Ourense. Entre viño e licor café foron pasando a tarde pero houbo un que se pasou un chisco máis da conta co alcol e acabou cunha boa castaña. O resto dos amigo que…
Un veciño de Nigrán trata de levar o Dinoseto para poñelo no xardín da súa casa
Un veciño de Nigrán desmontou o dinoseto para tratar de levalo para a súa casa e que así puidera adornar o seu xardín. Veciños da zona vella de Vigo denunciaron onte que un home estaba a desmontar o emblemático dinoseto e subíndoo por pezas a un camión. Alarmados pola situación avisaron á policía que se personou…
Un home tenta suicidarse guindándose dende o ego de Abel Caballero
Os 75 metros da torre do hospital xeral non lle pareceron suficientementes polo que un veciño de Vigo que responde ás iniciais MGG saltou onte dende o ego de Abel Caballero. A pesar da altura o home resultou ileso ao caer sobre a paciencia dun militante de base do PSOE que paseaba pola rúa e que nin se…
Localizan un dos gatos que mexa a Mahou
Un veciño de Ribeira localizou o pasado luns un dos gatos que, segundo el, é dos que mexa a Mahou. Segundo relatou Manoel S.G., autor do descubrimento, foi recoller un gato que se atopaba abandoado na rúa e que parecía que tiña fame e foille levar algo de leite para que comera. “O condenado do ghato…
Detido un sesaxenario que disparaba a runners
O home portaba unha escopeta de caza e esperaba tralas esquinas para abatir aos corredores. A Garda Civil detivo este mércores a un home en Lugo, que se atopaba disparando cunha escopeta aos runners que pasaban pola zona a primeira hora da mañá. Ás 8.00 deste mércores, a Garda Civil recibiu o aviso de que un home…
Vigueses mallan a ourensáns e portugueses para recuperar a praia de Samil
Un grupo de vigueses lanzouse a recuperar a praia de Samil para os habitantes da cidade olívica. A batalla rematou en matanza. As augas do atlántico tinguíronse de vermello despois da liorta que se viviu en Samil onte pola tarde cando un grupo de persoas chegou a praia armados con paus, arpóns e mazas para…
