Yolanda Díaz marchará a Podemos despois das eleccións

A voceira de Esquerda Unida en Galicia marcaráse un Tania Sánchez e integraráse en Podemos despois das elección xerais do 20 de decembro. A boa relación e sintonía da ferrolá con Pablo Iglesias é pública e todo indica que se consumará na integración da actual militante de Esquerda Unida en Podemos. Desta maneira seguiría os…

Cerna anuncia que votará por EnMarea na provincia da Coruña.

A posibilidade da marcha a Madrid de Yolanda Díaz abre a porta para que a escisión de Anova amplíe o seu número de deputadas. Así o anunciaban no día de onte membros da formación nacionalista escindida de Anova, que á súa vez se escindirá do BNG. Tras os convulsos últimos meses de decantanción de formacións…

Baltar recoñece que, en realidade, quere fodernos a todos

O Partido Popular de Ourense da un xiro de 180º na defensa do presidente da Deputación polo caso Baltargate. O PP saiu ao paso das críticas polas acusacións de ter ofrecido traballo a cambio de sexo mediante unha nova estratexia. Trátase de indicar que o tema non foi persoal coa muller que denunciou o caso…

Baltar tamén prometeu a lúa

Difúndese nova información sobre a habitación 505, onde Baltar tería tido os seus encontros. Ademais de placer e postos de traballo na Deputación de Ourense, Baltar tamén tería prometido a lúa a diferentes persoas, entre elas á denunciante que a semana pasada levaba ante os tribunais ao presidente da Deputación de Ourense. “Prometíame moitas cousas, desde…

Ciudadanos concorrerá en Mercadona baixo a marca Hacendado

A formación de Albert Rivera asume o seu papel de marca branca na circunscripción dos supermercados. O partido laranza, o cal todas as enquisas sitúan como terceira forza política no espectro estatal vén de comunicar a súa intención de participar baixo a marca Hacendado en todos os supermercados do grupo valenciano Mercadona. Deste xeito a…

Rafa Cuíña pide á ministra de Fomento unha nova saída na autopista para Lalín

O alcalde asegura que as catro existentes na actualidade non son suficientes. O alcalde de Lalín, Rafael Cuíña, pediu formalmente á ministra de Fomento, Ana Pastor, unha nova saída na autopista AP-53 que axude a mellorar os accesos ao seu concello. Na xuntanza mantida a pasada semana, o alcalde galeguista comunicoulle á ministra as graves deficiencias…

Podemos podería descartar confluír con Podemos

A organización liderada por Pablo Iglesias acaba de dar un golpe de efecto crucial para as próximas eleccións ao parlamento español. Anunciaron que non confluirán con ninguén xa que a marca e moi importante e avanzaron que nin sequera confluirían con eles mesmos se non adoptan a denominación ‘Podemos – outra cousa’. ‘Anunciamos que o…

Os servizos sociais consíguenlle un emprego ao ex alcalde de Ferrol

Feijoo presume de ter creado dous postos de traballo en Galiza ante a suba xeralizada do desemprego no estado español. Alberto Núñez Feijoo remodela por sorpresa o seu goberno na Xunta de Galicia e aumenta un 25% o número de consellarías pasando de oito a dez. A Conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, é cesada da súa…

Nomean un tenente de alcalde de enterros e pésames

Os novos gobernos municipais emanados das eleccións de maio celebran os seus primeiros 100 días de goberno con coincidencias no seu traballo á fronte dos consistorios. Se algo caracteriza estes primeiros 100 días de traballo municipal é a vocación de permanencia dos partidos que afrontan o reto de xestionar a gran diversidade de concellos do noso…

Comunista é mordido por un can e convértese en libertario

Un can, chamado Trotski, trabou un militante comunista e transmitiulle o virus do libertarismo. Un militante da FPG foi mordido na tarde de onte por un can. Aínda que as feridas non revisten gravidade os seus compañeiros de partido advertiron que, cando saíu de urxencias, substituíra as tradicionais consignas por soflamas libertarias. ‘Advertimos o que pasaba cando comezou…

Lores ofrece a Feijóo a entrada do PP na ‘Marea Galega’

A xuntanza entre o alcalde de Pontevedra e o presidente da Xunta de Galiza foi moi fructífera segundo fontes oficiais. Miguel Anxo Fernández Lores e Alberto Núñez Feijóo mantiñan na mañá de onte unha xuntanza na que foron tocados diversos temas, entre eles a panorámica das próximas eleccións ás Cortes Españolas ou a demencia de Beiras. Despois…