Feijoo presume de ter creado dous postos de traballo en Galiza ante a suba xeralizada do desemprego no estado español.
Alberto Núñez Feijoo remodela por sorpresa o seu goberno na Xunta de Galicia e aumenta un 25% o número de consellarías pasando de oito a dez.
A Conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, é cesada da súa responsabilidade e, segundo explicaron dende a Xunta, a súa marcha non ten nada que ver co novo Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo senón porque xa estaba aburrida e quería cambiar de aires.
O caso máis chamativo veu da man do exalcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, que consegue un posto de traballo grazas aos servizos sociais e será, así, o titular da Consellaría de Política Social.
Parados de longa duración amosáronse sorprendidos polo funcionamento do servizos sociais xa que pode ser o primeiro caso no que se lle atopa un emprego a un usuario. ‘A verdade é que non se nos ocorreu apuntarnos no paro para un posto de Conselleiro’, declararon.
Segundo fontes próximas ao presidente da Xunta esta remodelación non ten nada que ver co período electoral que se aveciña senón con outras cuestións estructurais. ‘Son nuestros coleguitas’, declararon.
Pingback: Los servicios sociales le consiguen un empleo al ex alcalde de Ferrol (gal)