O alcalde asegura que as catro existentes na actualidade non son suficientes.

A ministra de Fomento, Ana Pastor, na xuntanza mantida con Rafa Cuíña. Foto do propio @Rafiklallin
O alcalde de Lalín, Rafael Cuíña, pediu formalmente á ministra de Fomento, Ana Pastor, unha nova saída na autopista AP-53 que axude a mellorar os accesos ao seu concello.
Na xuntanza mantida a pasada semana, o alcalde galeguista comunicoulle á ministra as graves deficiencias e as dificultades polas que atravesan os habitantes do Deza, así como o resto de usuarios da autoestrada, para elixir a saída da autovía que máis lles interesa, xa sexa para aforrar a peaxe ou ben para chegar á propia vila ou ás da contorna.
Así o alcalde lalinense concretou a súa proposta nunha nova saída na que figure a sinalización Lalín – Esta, na cal os conductores vexan con seguridade cal é a saída que deben tomar.
Segundo afirman fontes do concello, as actuais catro desviacións(Lalín/Dozón, Lalín Oeste, Lalín Centro e Lalín Este) non son suficientes para o fluxo automobilístico da zona, polo que reiteran un maior compromiso do goberno estatal cas comunicacións por estrada coa capital do Deza.