Asinarán un acordo similar ao de Podemos que asegura a inclusión dos seus usuarios nas primarias de En Marea sen identificación. A coordinadora provisional de En Marea ven de asinar un novo acordo con ForoCoches para que os seus usuarios poidan votar nas primarias de En Marea. Deste xeito o listado de rexistrados na súa web…
Categoría: Política
O BNG citará todos os seus votantes no Avante
O Bloque Nacionalista Galego buscará o contacto directo cos seus votantes e cítaos a todos no Avante. Segundo fontes próximas á organización nacionalista non teñen previsto reservar o local para eles porque haberá sitio de sobra. Así o manifestaron nunha circular interna que non chegou a todas as organizacións que aínda compoñen o BNG. Isca!…
O programa económico de Unidos Podemos terá unha versión en bolívares
O expertos de Podemos aseguran que é un xeito de que máis persoas entendan os datos. O programa económico de Unidos Podemos, un mix entre o de Izquierda Unida e Podemos terá unha versión bolivariana. Así o afirmaron as voceiras do grupo económico de Podemos no día de onte. A diferenza do programa presentado no…
O PP inaugura os mítines veganos falando para as alcachofas
É de coñecemento xeral que o PP non ten querencia polos sectores máis activos da sociedade e que amosa as súas predileccións polo electorado máis adurmiñado e vexetativo pero na tarde de onte superiou os seus propios límites dando un mitin a un campo de alcachofas. Responsables da campaña popular indicaron que “Es mucho más…
Ana Blanco gaña o debate electoral a catro
Salta a sorpresa despois da primeira enquisa publicada tras o debate electoral onde ningún dos chamados a ser protagonistas gañou o debate e resultou gañadora, contra todo prognóstico, a presentadora Ana Blanco que estaba a moderar o debate. Máis do 50% das persoas enquisadas dan a presentadora do telexornal de TVE como vencedora do debate a…
A campaña máis austera comeza cunha colada de cartaces con mocos
Os partidos galegos deron o pistoletazo de saída á campaña electoral dun xeito austero e autosuficiente. Pasadas as 0.00 da noite deu comezo unha nova campaña electoral, nas que a austeridade terá un papel fundamental. Por isto a maioría dos partidos e coalicións decidiron dar un primeiro paso colando os seus cartaces electorais cos seus…
EnMarea decidirá en asemblea que canción esnaquizará nesta campaña electoral
A coalición xa ten en mente varias propostas que serán debatidas nunha asemblea aberta. A expectación ante que as deputadas de EnMarea esnaquicen de novo un tema musical está que ferve nos últimos días. Desde fontes próximas á coalición galega aseguran que as deputadas están a ensaiar varias horas ao día para mellorar o fiasco…
Errejon valora refregar unha papeleta electoral na chepa de Pablo Iglesias para que lle dea sorte
O número 2 de Podemos, Íñigo Errejón, non está moi convencido da estratexia seguida por Pablo Iglesias no anterior conato de lexislatura. Fontes confidenciais aseguran que, ante as dúbidas que xeneran os resultados electorais da coalición nesta segunda volta dos comicios, ten pensado entregarse á superstición e confiará todas as opcións á sorte que producirá refregar as…
Ciudadanos ficha a Arturo ‘Chatín’ Fernández
Despois das incorporacións de Felisuco e Agustín Bravo o actor será o novo referente do partido laranxa. Este mércores faranse oficiais no BOE as listas provisionais dos partidos políticos, pero parece que Ciudadanos é o encargado de darlle emoción mentres tanto coa presentación dos seus representantes. A formación máis interesante, no que a novidades se…
O PP arrebata a Bulgaria o record Guinness de congresos a dedo
O xurado do Libro Guinness dos Records acaba de desbancar a Bulgaria do posto nº 1 do podio de congresos a dedo e acaba de designar ao novo rei desta modalidade: O Partido Popular de Galicia. O Congreso do PPdeG onde Alberto Núñez Feijoo acadou o 97,8% decantou aos xuíces de Guinness que encaramaron ao…
A primavera a confluencia altera
Partidos, colectivos, cidadanistas e comeflores da esquerda galega póñense tolos ante a chegada das primeiras raiolas de sol e as novas eleccións. O camiño cara os próximos comicios electorais vólvese cada día que pasa máis convulso co nacemento de novas alternativas, plataformas e partidos que tentan aglutinar ao seu redor adeptos que os leven a…
Ángela Rodríguez ‘PAM’ non se agrada a si mesma
A deputada de EnMarea no Congreso español, estoura contra si mesma nun acto de Podemos. Durante o acto da formación violeta celebrado en Ames o pasado fin de semana, a ate onte deputada por En Marea estalaba contra si mesmo asegurando que “ela mesma non se agrada a si mesma, polo que é normal que…
