Política

EnMarea decidirá en asemblea que canción esnaquizará nesta campaña electoral


A coalición xa ten en mente varias propostas que serán debatidas nunha asemblea aberta.

Pam e outros deputados de EnMarea ensaian co Galeoke.

Pam e outros deputados de EnMarea ensaian co Galeoke.

A expectación ante que as deputadas de EnMarea esnaquicen de novo un tema musical está que ferve nos últimos días. Desde fontes próximas á coalición galega aseguran que as deputadas están a ensaiar varias horas ao día para mellorar o fiasco das pasadas eleccións.

Entre os temas que sonan para ser proposto en asemblea poderían atoparse algunha canción de La Oreja de Van Gogh, varios temas de diversos “triunfitos” e incluso o reggaeton de Quintana.

Este último parece o que máis posibilidades tería de converterse na melodía central de EnMarea, con claras reminiscencias a buscar o apoio do sector nacionalista que recentemente tería abandonado o BNG e que no seu momento se arremuiñaban a redor do, por aquel entón, vicepresidente da Xunta de Galiza.

A nova versión do reggaeton de Quintana podería versar sobre os deputados de Podemos en EnMarea, Antóm Gómez-Reino ou a famosa Pam. Así o demostran algunhas filtración que mostran estribillos con “Como lle din Tone, como lle chaman?? Antóm Gomez-Reino e como lle din Pam! Como se chama? Ninguén o sabe nin lle importa!”

A asemblea que polo de agora aínda non ten data, nin lugar, será resolutiva e fará que as deputadas teñan que facer o ridículo unha vez máis.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.