Despois das incorporacións de Felisuco e Agustín Bravo o actor será o novo referente do partido laranxa.

Imaxe de campaña de Arturo Fernández e Ciudadanos.
Este mércores faranse oficiais no BOE as listas provisionais dos partidos políticos, pero parece que Ciudadanos é o encargado de darlle emoción mentres tanto coa presentación dos seus representantes. A formación máis interesante, no que a novidades se refire, parece que será o partido de Albert Rivera, xa que contará con varios rostros populares que até agora pouco ou nada tiñan que ver coa política. Hai uns días era Félix Álvarez, máis coñecido como Felisuco, o que se postulaba para ser a cabeza de lista en Cantabria para sorpresa, despois foi o popular rostro televisivo, Agustín Bravo o que se sumará ao partido de Albert Rivera para as listas de Sevilla. Agora unha nova sorpresa asalta as redes sociais.
A simpatía de Arturo Fernández cara á formación laranxa non é nova. Leva meses sendo moi activo no partido e mesmo acudiu ao mitin que Rivera deu en Sevilla durante a campaña do 20-D e mesmo repartiru volandeiras na feira de Abril.
O actor do mítico “Chatín” encabezará a papeleta pola circuscrición sevillana co único cometido de traballar pola liberdade de expresión en Venezuela, pero desde Sevilla. “Todas as forzas son poucas para loitar contra o totalitarismo nazi da revolución Bolivariana” asegurou o artista. “Debemos combatir dialectiamente Cubazuela del Norte e permitir que os cueiros cheguen as nenas destes réximes”.
Por outra banda e no referido a Galiza, despois da dimisión da directiva de Ciudadanos na Coruña, non se descarta a incorporación de Gaioso na papeleta do Senado pola circunscripción e do mesmo xeito infórmase de que hai negociacións abertas para asinar a participación de SuperPiñeiro e Serxio Pazos “Paspallás” para o Congreso por Ourense.