O presidente do goberno tomará esta medida despois de coñecer que será citado como testemuña polo tribunal que xulga a trama Gürtel. Fontes próximas ao Partido Popular indicaron onte que Mariano Rajoy recibirá en breve unha formación especializada de Cristina Cifuentes para que aprenda a ‘hacerse la rubia’. As mesmas fontes indicaron que o presidente…
Categoría: Política
A MareaAtlántica pasará a chamarse Atlántica a partires deste luns
A vitoria dos críticos de EnMarea no Consello das Mareas deste pasado domingo fíxo que o partido coruñés decida quitarse o prefixo Marea- do seu nome. A cúpula da MareaAtlántica, Atlántica a partir de hoxe, decidiu por unanimidade dos que estaban a favor, cambiar o seu nome tralo varapao sufrido no día de onte, cando…
O Consello das Mareas decidirá este domingo se decide decidir algo
Entre os puntos da orde do día estarán modificar a orde do día para decidir se se decide unha nova orde do día diferente da xa decidida. EnMarea segue dando pasos para constituírse nun partido político que se asente no territorio galego, máis non parece estar sendo doado desde o seu esencialismo participativo, preferentemente esgrimido…
Rafa Cuíña plantéxase o cambio de sexo para entrar no BNG
O alcalde de Lalín, e por agora militante de Compromiso por Galicia, vén participando de diferentes actos da formación frontista, o último a súa asistencia ao peche da asemblea nacional do BNG. A elección da executiva do Bloque Nacionalista Galego, na que 11 das 19 persoas que a compoñen son mulleres tivo xa o seu efecto…
O embaixador de Bulgaria, avergoñado, vota en contra de Ana Pontón na asemblea do BNG
“Tiven que votar en contra porque isto sería un escándalo ata no meu país”, declarou o embaixador de Bulgaria. Esta fin de semana tivo lugar a XVI Asemblea do Bloque Nacionalista Galego ondo foi elixida Ana Pontón como lideresa da formación co 98,2% dos votos. Segundo informou a organización nacionalista, Ana Pontón, renovou o seu liderado…
A xestora do PSOE crea unha listaxe cos seus representantes máis guapos
Nunha escala de Bono a Felipe González a corrente oficialista copa os primeiros postos. Co slogan “os nosos representantes máis macizos” a xestora pretende dar a coñecer a guapura que habita no seu partido. Na lista, encabezada por Susana Diaz, Felipe Gonzalez ocupa o número dous e Jose María Aznar o número tres. Segundo parece foi o…
Xeira gaña a asemblea de Anova por KO técnico
As formacións militantes no partido nacionalista mostraron os principios da confluencia a base de patadas. A asemblea nacional de Anova que transcorreu o pasado sábado na cidade de Pontevedra rematou como mandan os cánones da esquerda nacionalista galega, a ostias e patadas para demostrar que é o que máis defende as teses da unidade popular….
As primarias do PSOE contarán con observadores internacionais e cascos azuis
O encarnizamento da loita polo liderazgo do PSOE provoca a intervención das Nacións Unidas. As primarias á secretaría xeral do partido socialista están a incrementar o nivel de virulencia e guerra sucia entre as faccións en conflito. Fontes próximas á candidatura de Pedro Sánchez xa anunciaron problemas co censo na formación onde as novas altas…
A dirección de Anova culpa aos seus 10 militantes de non facerlles caso
Días antes da súa asemblea nacional afirman que os seus 10 militantes son os culpábeis de case todo. A actual executiva de Anova, que no vindeiro fin de semana decidirá o seu vieiro na asemblea nacional que celebraran en Pontevedra, sae ao paso dos rumores de inestabilidade dentro do partido con duras declaracións sobre os…
Sorpresa maiúscula ante a candidatura de Susana Díaz ás primarias do PSOE
Ninguén se esperaba que a presidenta andaluza decidirá dar o paso para liderar aos socialistas. Susana Díaz, a baronesa do PSOE, anunciaba por sorpresa durante a mañá de onte a súa candidatura ás primarias para presidir o partido. Nunha rolda de prensa convocada con tan só media hora de antelación, Díaz anunciou que anunciará proximamente…
O alcalde de Noia tócalles as narices a milleiros de mulleres sen achegarse
“A muller é capaz de sangrar sen cortarse; a muller é capaz de dar a luz sen corrente; a muller é capaz de tocar as narices sen achegarse”, finalistas ao mellor chiste da historia do universo Santiago Freire, alcalde pepeiro de Noia contou os tres chistes, todos seguidos, co motivo do día da muller. Varios…
MediaMarkt ficha ao ex-ministro Soria para a súa próxima campaña
A multinacional alemá ficha ao ex-ministro Soria tras observar todo o acontecido tras a sentenza que resolveu a súa estancia hotelera en Punta Cana. Despois de que un xuíz sentenciara que o ex-ministro de industria non pagara a súa suite en Punta Cana e o condenara a pagas as costas a compañía Media Markt ficha…
