O ex conselleiro e dirixente do PP en Santiago rescatou un home que caera ao Sar, sácase unha foto con el, e vólveo tirar ao río. Os feitos aconteceron durante a sesión de running matinal do concelleiro do Partido Popular en Santiago polas beiras do Sar. O ex conselleiro que corría acompañado dun fotógrafo de … Seguir lendo
Category Archives: Política
Os mossos rexistran o coche de Albiol en busca de Puigdemont
No maletero do vehículo ran so atoparon sobres e cartos. O presidente do PP de Catalunya, Xavier García Albiol, presenciou espantado como os Mossos d’Esquadra rexistraban este martes pola mañá o coche no que acudía ao Parlament de Catalunya. O motivo deste rexistro non era outro que buscar a Carles Puigdemont, dentro do operativo marcado … Seguir lendo
Rajoy non quixo falar do salario das mulleres e o que pasou despois sorprenderate
“Non nos metamos niso da equiparación salarial das mulleres que ao final acabamos por pedir contratos para os sudamericanos” espetou o presidente. Mariano Rajoy participou durante a pasada mañá no espazo matutino de Ondacero, “Más de uno”, con Carlos Alsina, onde o presidente do goberno deu moito do si, tal e como acostuma e tocou … Seguir lendo
Nas próximas eleccións catalás votará toda España
“Los catalanes son muy catalanes y mucho catalanes”, declarou o presidente do goberno. Fontes próximas aos partidos españois indican que, ante o fracaso obtido en Cataluña polo bloque constitucionalista nas eleccións do 21 de decembro, prevén afondar no tratamento constitucional da situación. “Las cuestiones que afectan a todos los españoles deben ser decididas por todos … Seguir lendo
Baltar molesto porque a Marea Atlántica poda ter máis conserxes ca el
Informacións recollidas na prensa escrita poderían estar falando do ‘sorpasso’. Baltar está enoxado, alguén ameaza o seu trono de ferro, o seu récord Guinness, o número de porteiros da súa macroinstitución provincial poderíase ver sobardado polos traballadores públicos doutra institución. Segundo se fan eco algúns xornais galegos, a Marea Atlántica, partido que goberna con puño … Seguir lendo
Caballero manda chover
Ante a inoperatividade da Xunta na xestión da seca que afecta a Vigo o alcalde toma cartas no asunto. No seu programa matutino “Aló Caballero”, o alcalde da cidade olívica carga unha vez máis contra a Xunta pola falta de resposta para paliar os problemas orixinados pola seca. O alcalde promételle á poboación viguesa “chegar … Seguir lendo
A Xunta podería aprobar o seu propio protocolo anti-zombi
Desde o Goberno da Xunta ultiman os detalles do que sería o plan estratéxico ante a ameaza dos mortos vivintes. Este pasado xoves saia á luz centos de documentos clasificados do que sería o plan estratéxico da Xunta de Galiza para a actuación ante un ataque zombi. Segundo se desprende dos mesmos, os pasos iniciais … Seguir lendo
O PP planea aplicar o art. 155 a quen non os vote
Así o confirmou o voceiro no Congreso Rafael Hernando. Calquera voto efectuado nas vindeiras eleccións, xa sexan de carácter municipal, autonómicas, europeas ou xerais, será susceptíbel de ser trocado sempre e cando este non corresponda co apoio ao Partido Popular. Deste xeito, e mediante reforma constitucional asegúrase a capacidade que terán os presidentes de mesa, … Seguir lendo
Feijóo fala máis de Cataluña que de Galiza no Debate sobre o Estado da Nación Galega
O presidente, que entrou en bucle co soberanismo catalán esqueceu por completo nomear as súas propostas para Galiza. O debate sobre o Estado da Nación do día de onte discorreu con relativa normalidade ate o peche de micrófono na intervención do presidente galego, Alberto Núñez Feijóo. O tempo pareceu collelo desprevido e rematou antes de … Seguir lendo
En Marea instalará detectores de metais no seu plenario
A organización rupturista tomará medidas para que os seus militantes non se maten. O plenario de En Marea celebrarase este 15 de xullo no Pazo de Exposicións e congresos de Santiago de Compostela e as augas baixan revoltas debido aos embates que a nova corrente ‘Recuperar En Marea’ formada pola Marea Atlántica, a parte máis … Seguir lendo