A multinacional alemá ficha ao ex-ministro Soria tras observar todo o acontecido tras a sentenza que resolveu a súa estancia hotelera en Punta Cana.
Despois de que un xuíz sentenciara que o ex-ministro de industria non pagara a súa suite en Punta Cana e o condenara a pagas as costas a compañía Media Markt ficha a José Manuel Soria para protagonizar a continuación da súa exitosa campaña “Yo no soy tonto”. A multinacional alemana Mediamarkt valorou como unha oportunidade fichar a José Manuel Soria e, segundo informan fontes da axencia de publicidade da empresa, van recuperar a exitosa campaña pero dándolle unha volta onde se poida ver que ata o máis parvo dos ministros é capaz de non ser tonto na compra de tecnoloxía.
Cando saltou o caso do regalo da suite de luxo por parte dun empresario que tiña un hotel ilegal nas illas Canarias onde o ministro xa veraneara outras veces, Soria declarou que “No es cuestión de ser más o menos honrado sino de ser más o menos tonto. ¿Usted cree que un Ministro de Turismo se va a dejar invitar?”
Agora a sentenza di que o ex-ministro non pagou o hotel e condénao a pagar as costas do xuízo xa que parece que quedou demostrado que si se deixou.