Política

A MareaAtlántica pasará a chamarse Atlántica a partires deste luns


A vitoria dos críticos de EnMarea no Consello das Mareas deste pasado domingo fíxo que o partido coruñés decida quitarse o prefixo Marea- do seu nome.

A cúpula da MareaAtlántica, Atlántica a partir de hoxe, decidiu por unanimidade dos que estaban a favor, cambiar o seu nome tralo varapao sufrido no día de onte, cando no Consello das Mareas se debatían os documentos políticos da liña a seguir por EnMarea e quen sería o encargado de ostentar o cargo de voceiro da organización.

iago

A cúpula de Atlántica consulta en Telegram como ten que facer Iago Martínez para trocar o seu apelido por Tínez.

O Consello das Mareas decidía na tarde do domingo que o posto de voceiro recaíse a partir de agora, no xa voceiro parlamentar Luís Villares, todo isto coa oposición interna de varios grupos que consideraban que o voceiro non podía ser voceiro.

Nun entorno de maiorías e minorías, os críticos de EnMarea, obtiveron o respaldo do conxunto de membros da dirección para facerse co control da organización.

Unha das persoas máis críticas co proceso que finalmente rematou con Villares como portavoz, Iago Martínez, xefe de gabinete do alcalde da Coruña xa adiantou que en breves procederá a remitir un escrito ao padrón municipal para trocar o seu nome por Iago Tínez, posto que non quere saber nada nin de EnMarea, nin do mar.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.