Política

Rajoy fará un coaching con Cristina Cifuentes para que lle aprenda a ‘hacerse la rubia’


O presidente do goberno tomará esta medida despois de coñecer que será citado como testemuña polo tribunal que xulga a trama Gürtel.

Fontes próximas ao Partido Popular indicaron onte que Mariano Rajoy recibirá en breve unha formación especializada de Cristina Cifuentes para que aprenda a ‘hacerse la rubia’.

As mesmas fontes indicaron que o presidente está preocupado por se se ten que tinguir o pelo doutro color pero confía en que as ensinanzas de Cifuentes consigan encandilar ao tribunal e que desvie as preguntas que lle poidan facer.  Deste xeito avanzaron que están preparando as respostas a preguntas do tipo “Estudas ou traballas?”, “Ghastas pistas?”, “Enrolas ou empacas?” ou “Que sabes sobre Rusia?”. As persoas presentes nesa primeira sesión de training indicaron que os esforzos estaban centrados en que non respondera esas preguntas con un “No me consta”.

Pola súa banda o tribunal non se quedará atrás e iniciará tamén un curso especial co Don Juan galego para que lle ensine os mellores piropos para desconcertar a Mariano Rajoy.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.