‘Las candidaturas populares son las nuestras’, comentan dende fontes da dirección de campaña do PP O comité de campaña do Partido Popular está a deseñar o instrumento de participación para asaltar as grandes cidades. Segundo puido saber o noso medio a dilación da presentación das candidaturas débese a que o partido de Feijoo ten previsto…
Categoría: Política
Quintana e Pitbull uniranse para conseguir a revolta cívica
Anos despois do MegaHit do Reggaeton de Quintana, o exvicepresidente da Xunta únese ao cantante de Miami para lanzar a súa nova iniciativa Somos Nós. Anxo Quintana volve á primeira liña política e pretende facelo por todo o grande. Despois da presentación ante os medios de comunicación do seu manifesto por unha “Revolta cívica” e…
Cientistas populares din que a pertenza de Bárcenas ao PP foi unha ilusión colectiva
Cientistas das FAES afirmaron onte que a afiliación de Luis Bárcenas ao PP foi unha ilusión colectiva á semellanza do fenómeno das observacións de Ovnis durante os anos 60, 70 e 80 Os voceiros da FAES explicaron que Bárcenas nunca foi tesoureiro do Partido Popular, xamais entregou sobresoldos a altos dirixentes do partido e nin sequera…
A negación de Pedro Sánchez a virar á esquerda fai que se perda en Washington
Unha tensa disputa entre o líder do PSOE e o seu GPS acabaron co “socialista” na outra punta da gran urbe norteamericana. O convite da George Mason University de Washington a dar unha palestra polo secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, acabou nunha tensa loita de egos, segundo apuntan fontes próximas á comitiva, na cal o deputado…
Rajoy adiantará as eleccións xerais para facelas coincidir coas de Catalunya
‘A ver si va a parecer que ya son otro país’, coméntase dende Moncloa Onte coñeceuse o adianto das eleccións en Catalunya pactado por Artur Mas e o líder de ERC Oriol Junqueras e, segundo avanzou o presidente da Generalitat, terán lugar o próximo 27 de setembro deste ano. O adianto electoral catalán sentou mal…
Carlos Príncipe: “Je suis Charlie, cona”
O que fora alcalde de Vigo, Carlos Príncipe, quere amosar a súa ledicia pola resposta cidadá na rúa en contra das decisións tomadas polo aparataxe do PSOE co cal se acabou coa súa militancia política na formación política. Despois de que nesta semana Carlos Príncipe desvelase que a executiva federal do PSOE decidíse expulsalo por…
Rafa Cuíña rociará Lalín con Varon Dandy para quitar o olor a cocho se sae elixido alcalde
Así o anunciará durante a mañá de hoxe nunha rolda de prensa convocada na capital do Deza. Rafael Cuíña, fillo do que fora Conselleiro de Obras Públicas en tempos de Don Manuel, Xosé Cuíña, é o candidato de CxG á alcaldía do concello de Lalín, cargo que xa ostentou seu paí aló polos anos 80. Cuíña…
O único afiliado do PP de Compostela que aínda non foi concelleiro agarda pola súa oportunidade
“Aún quedan 6 meses; todavía conservo la esperanza de que me llamen para alcalde”. Estas eran as palabras de José Juan, o único afiliado do Partido Popular de Compostela que aínda non pasou polo concello como membro da corporación santiaguesa. Os continuos vaivenes de concelleiros populares na capital galega, debidos en gran parte a meter man…
Compromiso por Galicia anuncia que o seu próximo congreso será en Bulgaria
Anunciouno o seu partido despois de que Xoán Báscuas fora elixido polo 100% dos votos Compromiso por Galicia celebrou este domingo día 16 de novembro o seu I Congreso Nacional baixo o lema “Galicia en positivo” e procederon a renovar os seus órganos de partido e a votar a súa estratexia cara as eleccións municipais….
A recomposición da dereita galeguista: Coalición Galega, Terra Galega, Cerna e CxG nunha mesma fronte
O recente acordo de coalición entre Coalición Galega e Terra Galega ciría a precipitar os acontecementos, polos cales, a dereita galeguista, moitos anos despois, volverá a presentarse unida a uns comicios electorais. A falta de pechar flecos e de legalizar a coalición como tal, todo parece indicar que os partidos nacionalistas galegos de carácter burgués, foron…
Pachi Lucas: “Tanto la quería”
Onte Pachi Lucas dedícaballe a canción nas redes socias a un presunto “Alberto” Nuñez Feijóo. O que foi, presuntamente, o conseguidor dos contratos da famosa trama Zeta e amante do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Nuñez Feijóo mostrábase así de cariñoso e facía referencia ás noticias sacadas pola prensa acerca das corruptelas entre membros do…
Feijoo: “Eu son moi de Podemos, podemos fodervos a todos”
“De feito é o que estamos a facer”, engadiu É o que comentan que realmente dixo Feijoo na comparecencia da prensa que tivo lugar onte tras a reunión semanal do Consello da Xunta. Feijoo que valorou a enquisa do Centro de Investigacións Sociolóxicas e dixo que “Ningunha enquisa pode substituír ás urnas” momento no que,…
