Economía

A ultradereita propón cambiar o Euro polo Franco


Aproveitando o 80 aniversario do golpe de Estado contra a república, grupos de ultradereita piden o #Spainexit.

francoFanáticos e fascistas varios reclaman a saída de España da Unión Europea e apostan polo cambio de divisa inminente. Desta forma e mediante un comunicado con faltas de ortografía, os fachas propoñen o inicio do #Spainexit seguindo o camiño de Reino Unido.

Aseguran que “a inmigración nos está a roubar os nosos cabalos e montando as nosas mulleres”, e que “isto é suficiente afrenta para que España peche as súas fronteiras a toda esta xente que chega de forma indiscriminada a beneficiarse das axudas públicas do Estado español, cando eles veñen con smartphones e maletas, polo que se presupón que incluso teñen roupa variada”.

Aproveitando así a súa conmemoración do “alzamiento nacional” este grupo de fachas propón cambiar o Euro polo Franco, como “moeda máis representativa do sentir nacional de España”.

O franco, moeda usada antes do euro en Francia, e que todavía se usa en Suiza, “recorda aos españois quen somos e de onde vimos, xa está ben de tanta esquerdallada despatriotizada” afirman.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.