Deportes

O Real Madrid clasifícase para semifinais con normalidade arbitral


O árbitro tivo nos seus pés o 5-2, pero finalmente a bóla non rematou entrando.

O colexiado Viktor Kassay festexando o terceiro gol do Real Madrid.

Os merengues disputaron onte un intenso partido que se decidiu na prórroga cun resultado final de 4-2, pero que durante moitos minutos tivo ao Bayern de Munich como semifinalista.

O Real Madrid con goles 3 goles de Cristiano, un deles a pase duns de linieres, e outro gol de Asensio, certificou o seu pase a semifinais da máxima competición europea. O árbitro do partido, Viktor Kassai, convertiuse no máis destacado ao ter nas súas botas varias ocasións de gol, aínda que non foi quen de materializar ningunha.

O Bayern de Munich partiu así cara Alemania con cara desencaixada e sen saber moi ben o que sucedeu, e é que minutos antes da prórroga ninguén esperaría o resultado final.

Os bávaros protestaron ao final do encontro posto que se ben un dos linieres asistiu cun pase preciso nun dos goles de Cristiano, o encargado de vixiar a outra metade do campo non axudou en demasía ao equipo alemán.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.