Deportes

España culpa da súa eliminación á trama rusa


Os defensas do combinado ruso puxeron en marcha unha máquina de inxerencias no centro do campo.

Miles de españois espertaron da sesta sobresaltados tras a eliminación da selección española a mans de Rusia. Os afeccionados non podían facer outra cousa que contar pases o que provocou que as comidas familiares do domingo exerceran o seu efecto. TVE, conscientes da potencialidade do partido, xa se puxo en contacto con Mediaset para adquirir os dereitos do partido e emitilos en substitución dos documentais de La 2.

Os candidatos ás primarias do PP xa avanzaron que con eles isto non pasaba e xa pediron a comparecencia de Pedro Sánchez no Congreso para que dea explicacións pola eliminación. “El PSOE ganó la moción de censura con el apoyo de Podemos y ya sabemos que son prorrusos”, declarou Pedro Sánchez á saída dun acto da súa campaña de primarias.

Incidentes despois do partido

Segundo afirman testemuñas presenciais o director do xornal La Razón foi visto a media tarde deste domingo correndo en círculos pola rúa cos brazos en alto mentres gritaba: “la trama rusa, fue LA TRAMA RUSA”.

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.