Un afeccionado galego ten que abandonar o estadio de Kaliningrado tras ser botado da sala do VAR onde pretendía pedir unha Estrella Galicia.
O home de 38 anos e natural de Cuntis tería chegado a sala de axuda arbitral tras varias voltas ao estadio buscando un posto onde mercar cervexa. Deste xeito ao ver que na porta da sala se podía ler VAR, o afeccionado non o dubidou e entrou dentro mentres os colexiados estaban a derimiir acerca do gol de Iago Aspas.
Tras dar a súa opinión acerca da validez do tanto, e despois de tentar facer crer ao colectivo arbitral que os goñes de calcaño valían dobre, este pediu a súa estrella, que con ollos de incredulidade foi denegada.
Acto seguido, e tras un pequeno altercado, as forzas de seguridade do estadio foron quen de reducilo e sacalo do Kaliningrado Stadium sen máis consecuencias.
“Menuda merda de Vares teñen en Rusia, que nin estrella teñen” aseguraba o afeccionado, que tamén explicou que a próxima vez o tentará co co Vodka.