A camisola que terá fondo branco e vermello tería a galiña franquista en lugar do habitual escudo.
Tanto Adidas como a Federación Española de Fútbol tentaron no día de hoxe saír ao paso das declaracións acaecidas nos últimos días sobre o republicanismo da nova camisola da selección. Para tal fin, no día de onte foi presentada a segunda equipación na que é chamativo o novo deseño do escudo, sendo substituído o oficial pola galiña franquista.
Deste xeito a Federación Española busca contentar a todo o mundo, logo da polémica surxida a raíz da presencia das cores republicanas, e mesmo tamén da Senyera na camisola oficial.
A pita franquista, que en certa maneira recorda a aguia da camisola da señección alemana, apelaría a toda esa parte da poboación española que recorda con nostalxia tempos pasados.
Con este movemento de última hora, a marca Adidas, encargada do deseño e suministro das equipacións pretende apagar un lume que ameazaba con dar ao traste cos ingresos repercutidos da venda das mesmas. Segundo palabras da propia marca: “o target ao que pode ir destinado unha camisola republicana é moi reducido, ademais de prominentemente perrofláutico, polo que dubidamos de que este público vaia a mercalas”, qsí a marca deportiva tentaba zanxar unha polémica que segundo eles non é máis que unha coincidencia. “Que a monarquía no s.XXI sexa unha institución totalmente obsoleta e feudalista, non quere dicir que nos vaiamos a pegar un tiro nun pé e non sacar beneficio das elásticas, a cor que se ve nas camisolas é a azul, azul como a sangre que corre polas veas do nosos querido rei”, explicitou Adidas, mostrando un gran coñecemento da familia real española coa clara referencia ao incidente do infante e príncipe lexítimo Felipe Juan Froilán de Todos os Santos e unha escopeta.
Diferentes grupos fascistas celebraron a boa nova desta camisola e pediron a adidas que saque unha liña de bandeiras coa mesma ave para poder acompañar ao seu equipa nas bancadas dos estadios nos que xogue.