Deportes

Sergio Ramos volve estrelar outra copa contra o chan


Os xogadores madridistas festexaron o seu triunfo nun bar de Cardiff onde Ramos estrelou o seu GinWater contra o chan.

lg-49264_636259533981072882O Real Madrid alzouse en Cardiff coa súa décimo segunda copa de Europa, desta volta ante un rival xa coñecido noutras finais como é a Juventus de Turín. Despois da victoria con solvencia da equipa merengue, os de Zidane decidiron continuar a festa do fútbol nun pub achegado ao propio estadio.

Nunha pequena festa privada e improvisada, traballadores do pub aseguran que o defensa branco, Serxio Ramos estampou unha copa contra o chan, desta volta non era o trofeo acabado de conseguir, como lle aconteceu no 2011 cando un Real Madrid victorioso despois de lograr a copa do Rei deixabaa en mans de Ramos, o cal a estrelaría contra o chan desde o alto do autobús descapotable que se dirixía cara Cibeles.

Desta volta a copa era un GinWater, bebida de moda entre s xogadores do plantel merengue. Especúlase que a copa puidese estar composta por xenebra galega, concretamente da marca nordés, esixida especificamente polo xogador de Curtis, Lucas Vázquez.

Despois do suceso o resto de xogadores do Real Madrid enviaron, a un Ramos cabizbaixo,para o hotel no que se hospedaban e continuaron a festa.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.