O técnico coruñés tería chegado a un principio de acordo para adestrar aos dous clubes ao mesmo tempo.

O técnico de Castrofeito é o adestrador de moda nos últimos tempos, tanto que tralo éxito das últimas xornadas de Liga co Deportivo da Coruña, onde leva 5 de 5 vitorias, ducias de clubes andan tras del.
Pero parece ser que a oferta máis interesante acaba de chegar a mans do seu representante, e non é outra que entrenar ao Celta de Vigo ao mesmo tempo que ao Deportivo da Coruña, para así salvar tamén ao clube olívico.
Esta oferta, que se rumorea que sería economicamente moi xugosa, proviría non só do Celta de Vigo, senón que a propia Federación Galega de Fútbol podería avalar e subvencionar a operación. O seu presidente, Rafael Louzán aseguraba este pasado domingo que tan só quedan uns flecos e que se todo sae segundo o previsto coa fichaxe de Vázquez poderíamos seguir mantendo ao Celta de Vigo na primeira división, e “porque non soñar, quizais ter un derbi co Dépor de aquí a un ano”.
Desde as aficións móstranse contrariados coa decisión, se ben non se ve con moi bos ollos desde as hinchadas do equipo coruñés, pola contra desde os celtistas estarían encantados co feito de que Fernando volvera ao clube 15 anos despois da súa última estadía.