O conxunto deportivista espera impaciente e mentres probará co xogador holandés.
O presidente do Deportivo da Coruña, Tino Fernández, presentaba onte en rolda de prensa ao que será o entrenador temporal do conxunto herculino mentres seguen a espera do cesamento de Zinedine Zidane por parte do Real Madrid.
A mala xeira de resultados e de xogo do Real Madrid fai que a destitución do seu técnico leve na boca de todos desde hai semanas, convertíndose esta nunha oportunidade para o Dépor de traelo consigo á Coruña.
Porén, os acontecementos das ultimas semanas no equipo coruñés precipitaron a situación que rematou coa destitución de Cristóbal Parralo tras a derrota da pasada fin de semana ante a Real Sociedade. Parralo, que xa chegara para sustituir a Pepe Mel, parece que non foi quen de acabar coa mala racha.
Chegados a este punto os deportivistas precisaban urxentemente dun adestrador temporal, e parece ser que Seedorf cumple coas pretensións da directiva: que sexa famoso e barato.
O ex-xogador do Real Madrid, con escasa ou nula experiencia como adestrador mostrouse entusiasmado por esta oportunidade brindada e asegurou que cobrar en marisco en lugar de en billetes non suporá un problema para o seu traballo.