A banda tamén tiña ameazado con cantar con retranca sobre El-Rei. Unha perigosa banda de rap galega foi desarticulada no día de onte nun operativo da audiencia nacional que conseguiu evitar que miles de persoas puideran escoitar cancións sobre o narcotráfico e algunhas das persoas investigadas na operación Nécora. “¿Desde cuando el rap canta sobre … Seguir lendo
Category Archives: Cultura
Oriente Bilingüe: ‘Nos imponen el Dothraki’
A asociación Oriente Bilingüe denuncia que aos Dothraki lle están a impoñer o seu idioma. Os sete reinos están convulsos e acaba de saltar unha nova polémica que ven de denunciar a asociación Oriente Bilingüe. ‘Te le están a imponer el Dothraki a los niños dothraki. Es terrible!”, indican dende a asociación. Dende o Trono … Seguir lendo
Baltar ficha por Los Suaves
José Manuel Baltar fará de cantante noutro sitio ademais de na Deputación de Ourense. A sorpresa no mundo do rock saltou en Ourense ao anunciar conxuntamente o grupo e a Deputación de Ourense a noticia de que José Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense, será o próximo cantante dos Suaves. O mundo do rock … Seguir lendo
Tim Burton ambientará no Alto do Fiouco a súa vindeira película
O director estadounidense quedou seducido pola brétema deste lugar tras pasar uns días de vacacións na Mariña este pasado verán. Din que non hai mal que por ben non veña e así se podería entender esta situación creada despois de que Tim Burton tivera que circular pola A-8 e vivirá nas súas propias carnes o … Seguir lendo
A Xunta festexará o día das Letras o 15 de maio para non contradecir ao presidente
O executivo decide trocar o Día das Letras Galegas despois de que Feijóo dixera que este era o 15 de maio. O ano 2017 pasará a historia da literatura galega como o ano no que se trocou a súa festividade que pasa do 17 de maio ao día 15. A razón deste cambio reside no … Seguir lendo
Descóbrese que a muralla de Lugo era para que os lucenses non escaparan
“Levan máis de dous mil anos soltos!”, indican os investigadores que fixeron o descubrimento. En tempos dos romanos unha garda especializada vixiaba a muralla para que os moradores do interior non saíran fóra e foi nesa época cando se acuñou a expresión “Arde Lucus”. Unha centuria especial, denominada Garda da Noite, gardaba a muralla para evitar … Seguir lendo
Caballero presenta o seu libro de xardinería “Cortando capullos”
O alcalde vigués ensina no seu novo libro os principios básicos da poda política. Abel Caballero, o alcalde vigués, famoso no mundo enteiro por crear un Dinoseto ou colocar barcos en rotondas, acaba de lanzar ao público o seu quinto libro, o primeiro deles fora do ámbito novelesco. Neste libro Caballero, baixo o título “Cortando … Seguir lendo
Atopan en Luintra unha necrópole do século XII de porteiros da Deputación
Arqueólogos acaban de facer o extraordinario achádego dunha necróple en Nogueira de Ramuín que estaba habitada na súa totalidade por porteiros da Deputación. As primeiras probas con carbono 14 datan a necrópole nos primeiros anos do século XII e xunto cos restos humanos e funerarios atopouse unha especie de carné que os acredita como membros … Seguir lendo
Celébrase a primeira matanza vegana
Un grupo de veganos emula a tradición galega e celebra a primeira matanza vegana en Galiza. É tradición no noso país celebrar a matanza do porco a partir do 11 de novembro, data do San Martiño, patrono de Ourense e protagonista do dito popular ‘A todo porco chégalle o seu San Martiño’. Desexosos de celebrar … Seguir lendo
Yosi roza o Nobel de Literatura
O cantante dos Suaves queda ás portas do premio que finalmente foi para Bob Dylan. O cantante e compositor ourensán que tamén estaba nominado ao nobel en química. Concretamente e segundo a Academia Sueca reparou na posibilidade de galardoar ao cantante por “crear novas expresións poéticas dentro da gran tradición das cogorzas, galegas e internacionais”. De ter … Seguir lendo