O cantante estadounidense convértese no interino por excelencia das bandas de rock
Se fai uns meses xurdira o ruxe-ruxe era que Yosi substituiría a Brian Johnson como cantante de AC/DC foi ao final foi Axl Rose quen lle quitou o posto na banda australiana.
Agora vimos de coñecer que, tralo percance que tivo Yosi a pasada semana no seu concerto en Santander, é agora Axl quen se ofrece a substituilo para compensar a mágoa que tivo o cantante ourensán cando éste lle quitou o posto nos AC/DC.
Yosi, que aínda está convaleciente da súa caída, agradece a Axl a súa predisposición e fontes próximas comentan que o axudará en todo o que poida para integrarse rapidamente á fronte do grupo e rematar a xira que están a levar.
Non se desbota que isto leve a que no concerto que o próximo 17 de decembro peche a historia de Los Suaves acudan os Gun’s and Roses como teloneiros e así poñer o colofón á carreira artística da banda ourensá.

Axl Rose cantando con Los Suaves